Kosmos 213
Kosmos 213 ou Cosmos 213 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 15 de abril de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Kosmos 213 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Data de lanzamento | 15 de abril de 1968[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Probas en órbita.[2][5] |
Regreso | 20 de abril de 1968[1] |
NSSDC ID | 1968-030A |
Características
editarKosmos 213 foi unha Soiuz modelo 7K-OK de tipo activo lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto con Kosmos 212 (unha Soiuz 7K-OK de tipo pasivo). Despois da traxedia da Soiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Despois da proba non tripulada da parella Kosmos 186-Kosmos 188 lanzáronse as Kosmos 212 e 213. A primeira en engalar foi Kosmos 212, seguida un día máis tarde por Kosmos 213. Tras so 47 minutos despois da engalaxe da última, as dúas naves acopláronse con éxito automaticamente e sen problemas, froito das leccións aprendidas das anteriores misións, cheas de incidentes, incluíndo a morte de Vladimir Komarov na Soiuz 1.[2][3][4][5]
A Kosmos 213 regresou a terra o 20 de abril, 145 km da cidade de Pavlodar.[2][3][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 212" (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 213" (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 8 May 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (68-12694 (E)). 3 de xuño de 1968: 2. Consultado o 22 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "The Soyuz pair makes flawless automated docking" (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024.