Kosmos 238

voo de probas non tripulado dunha Soiuz 7K-OK

Kosmos 238 ou Cosmos 238 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 28 de agosto de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Kosmos 238
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento28 de agosto de 1968[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso1 de setembro de 1968[1]
NSSDC ID1968-072A

Características editar

Kosmos 238 foi unha Soiuz modelo 7K-OK lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas. Despois do éxito dos voos e acoplamento das parellas Kosmos 186-Kosmos 188 e Kosmos 212-Kosmos 213, decidiuse lanzar unha última nave en solitario sen tripulación para facer probas adicionais antes de retomar os voos tripulados. Durante os catro días de voo aparentemente non xurdíu ningún problema. A Kosmos 238 regresou a terra o 1 de setembro. Tras a revisión dos cinco voos de proba non tripulados por parte dunha comisión, considerouse que a nave Soiuz xa era segura para o voo tripulado.[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 238" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 238" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 31 October 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (68-28539 (E)). 6 de decembro de 1968: 2. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 9 (7K-OK, non docking)" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Kosmos-238: Last test before return to flight" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar