Skarmento
Skarmento é un grupo galego de punk, formado en Donramiro (Lalín) no ano 2000. Teñen catro discos publicados. Amais de dar concertos na Península Ibérica, deron unha xira en Alemaña cos The Offenders, banda italiana de ska, e outra en Francia.
Skarmento | |
---|---|
Orixe | Donramiro (Lalín), Galiza |
Período | 2000-Activo |
Xénero(s) | Punk-Rock |
Membros | Ángel (voz), Iago (batería), Adrián (guitarra e coros) e Rubén (baixo e coros) |
Na rede | |
Historia
editarNace a raíz dos primeiros contactos dos catro integrantes do grupo de Donramiro co mundo punk galego como cos colaboradores do Fanzine Dalhe!, Fanzine Atentes, membros de Skacha, Farrapo de Ghaitax ou Gontxu, membro naquel tempo de Guerra de Guerrillas.[1]
En 2004 publican o seu primeiro disco, inicio dos concertos fóra de Galicia, como no Ateneo Libertario de Villaverde, en Zigur Nagusia preto de Pamplona ou en Palma no festival Vacaciones de Verano, para continuar xa no ano seguinte coa gravación do segundo, Música AntiSistema que se publicou a mediados do 2006 coa nova distribución de Caos S.A. Records, Síndrome Discos e Sentimientos contra el poder. O grupo a partir dese momento continúa cunha extensa xira de concertos dentro e fóra de Galicia como cos ingleses Deadline, no centro social Apaga La Tele de Sarria de Ter, na Anoeta xunto ao grupo de Boston Far from Finished, en Euskadi durante o Elkartasun Eguna ou cunha xira en Francia coa colaboración de Solitude Urbaine.
En xullo do 2010 chega a saída do terceiro disco gravado entre AreaMaster e Garageland. A presentación tivo lugar no Bauhaus de Lalín xunto ao grupo Novedades Carminha. En agosto de 2013 publican o seu cuarto disco tralo que comparten cartel cos Cock Sparrer en Girona.
En 2014 con Komando Burundi organizan o concerto cos parisienses Lion′s Law en Ourense. Levaron a cabo a xira galega Donra Punk Invasion xunto cos grupos punk de Donramiro Nobody′s fool e Última Sacudida, que os levou por Burela, no Centro Social Xebra, no Distrito 9 do barrio de Coia e no Centro Social Artabria de Ferrol. Tralos concertos o grupo retirouse ao estudio para gravar os temas elixidos de Donra Vs Mondra (Split w/ Aggressive Combat), "Non agardes paz" e "Penélope", unha adaptación do poema de Xosé María Díaz Castro. A partir do verán contactaron cos lisboetas Albert Fish, o que derivou na edición dun sete polgadas que incluía dous temas de cada unha das bandas. O deseño do vinilo incluíu un gravado de Luís Seoane pertencente ao libro Imágenes de Galicia. Seguido a súa publicación pecharon o ano con festivais no Hard Club do Porto, antigo Mercado Ferreira Borges e no Ospa Taberna de Gernika-Lumo.
Libro
editarA través dunha campaña de micromecenado financiaron a celebración dos seus 15 anos e puideron publicar o libro Skarmento. 15 anos é media vida. O libro, dividido en dezaseis capítulos, en edición bilingüe -galego/castelán-, nun formato A5 con máis de cen páxinas impresas en offset a dúas cores e encadernación rústica, cosidos con fío vexetal.
Discografía
editarCD's
editar- Qué podemos agardar? (2004)
- Música AntiSistema (2006)
- Skarmento (2009)
- Afía os cotenos (2013)
Vinilos
editar- Afía os cotenos (2013) 10'
- Albert Fish, Skarmento (2014) 15'
- Donra Vs Mondra (Split w/ Aggressive Combat) (2015) 15'
Colaboracións:
- Punk Machine 10 Años 2005-2015 [Varios Lp] (2016)
Notas
editar- ↑ Skarmento, Skarmento (2015). Skarmento, Quince anos é media vida. impresión Alvarellos.