Abrir o menú principal

Skárnio foi un grupo de música galego formado no barrio do Calvario na cidade de Vigo. Defínense coma un colectivo político-musical,[1] sendo a súa música ska con letras comprometidas e con carga política, sobre temas como o independentismo galego, a lingua ou a loita dos traballadores.[2]

Skárnio
OrixeVigo, Galicia Galiza
Período1999-2010
Xénero(s)Ska
Selo(s) discográfico(s)Arredista produçons
MembrosPaulo (Voz)
Manolo (Guitarra)
Fran (Guitarra)
Xavi (Teclado)
Moro (Baixo)
Manuel (Batería)
Alfonso (Trombón)
Dani (saxo alto)
Alex (Saxo tenor)
Pitxi (Trompeta)
Serxio (Saxo alto)
Páxina webPáxina oficial

TraxectoriaEditar

Despois dous seus dous primeiros traballos comezaron a destacar, chegando a ofrecer numerosos concertos tanto dentro como fora de Galiza. Tras este éxito editaron en 2008 un novo disco baixo Creative Commons, licenza copyleft que permite a copia, modificación ou distribución do disco de balde[3]. O CD foi producido baixo o nome de Arredista produçons.

Ao longo da súa carreira nos seus discos teñen colaborado artistas como Juantxo de Skalariak, Almudena de Transilvanians, Mini da Quenlla, Senem de Xenreira, Àlex de Inadaptats ou Iñaki de Betagarri. En marzo de 2010 o grupo anunciou o seu "cesamento da actividade pública por tempo indefinido" nun vídeo-comunicado.[4]

DiscografíaEditar

  • A filosofia da acçom da guerrilha urbana (1999)
  • Arredista (2003)
  • O nosso caminho (2008)

NotasEditar

  1. "Skarnio". Myspace. Consultado o 2018-06-21. 
  2. "Skárnio - O nosso caminho". 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  3. "Skarnio: Novo disco xa á venda - Malmequer". www.blogoteca.com. Consultado o 2018-06-21. 
  4. "Vídeo-comunicado de Skárnio. Marzo de 2010". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 23 de Xuño de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar