Sisto Badalocchio

pintor italiano


Sisto Badalocchio Rosa, nado o 28 de xuño do 1585 e finado entre o 1619 e o 1647, foi un pintor e gravador italiano da Escola de Boloña.[1][2]

Infotaula de personaSisto Badalocchio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1585 Editar o valor em Wikidata
Parma Editar o valor em Wikidata
Morte1647 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Parma Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e Gravado Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma
Boloña
Parma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador Editar o valor em Wikidata
MovementoEscola de Bolonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Parma, traballou primeiro para Agostino Carracci en Boloña, e logo para Annibale Carracci en Roma.[2] No 1609, regresou á súa cidade natal.[3] Os seus gravados máis coñecidos con os da serie A Biblia de Rafael, que creou xunto co seu compañeiro de estudos Giovanni Lanfranco.[3] As imaxes representan varios frescos de Rafael do seu taller do Vaticano.[3] Como pintor, a súa obra máis importante é o conxunto de frescos da Igrexa de San Giovanni Evangelista (Reggio Emilia), baseados nos primeiros traballos de Correggio.[3] Neste templo, tamén decorou a cúpula e as pendentes.[3] O fresco da cúpula representa a parousía παρουσία ou segunda vinda de Cristo, e as pendentes as catro virtudes cardinais.[3]

Malia ter cooperado a miúdo nos seus frescos con Lanfranco (por exemplo, na serie deseñada por Annibale Carracci para a capela de San Diego en San Giacomo degli Spagnoli, e no Palazzo Costaguti), Badalocchio nunca recibiu o mesmo recoñecemento que aquel. Non obstante, na actualidade é considerado unha figura importante na introdución do barroco no norte de Italia.

Galería editar

Notas editar

  1. Zirpolo, Lilian H. (2010). Historical Dictionary of Baroque Art and Architecture (en inglés). Rowman & Littlefield. ISBN 978-0-8108-6155-8. 
  2. 2,0 2,1 "Sisto Badalocchio (1585 - after 1621?) - National Gallery, London". www.nationalgallery.org.uk. Consultado o 2024-02-02. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Smyth, Frances P. (1986). The Age of Correggio and the Carracci: Emilian Painting of the 16th and 17th Centuries (en inglés). National Gallery of Art. ISBN 978-0-89468-094-6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar