Sinforiano Rebolledo
xuíz e político galego
Sinforiano Rebolledo Macías, nado na Rúa o 18 de agosto de 1921, foi un maxistrado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1921 ![]() A Rúa, España ![]() |
![]() | |
10 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xuíz , político ![]() |
Partido político | Alianza Popular ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de distrito de Allariz, Vigo e Lalín. Dende os anos sesenta foi maxistrado na Audiencia de Ourense. Pertenceu a Alianza Popular, encabezou[1] a candidatura da Coalición Popular nas eleccións xerais de 1986 por circunscrición de Ourense,[2] e foi elixido deputado.
Vida persoal
editarCasou no Pazo de Vilariño (Piñor) con Emilia Varela Feijóo en 1947, e foi pai de seis fillos.
Notas
editar- ↑ "CANDIDATURAS PROCLAMADAS para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado convocadas por Real Decreto 794/1986 de 22 de abril" (PDF). Boletín Oficial del Estado. Gaceta de Madrid. (ANo CCCXXVI. Suplemento al número 121). 21 maio 1986.
- ↑ "Sinforiano Rebolledo llegó a la política por «vocación tardía» y «para asumir responsabilidades concretas»", La Voz de Galicia, 17-6-1986, p. 19.