Sesshū Tōyō
Sesshū Tōyō (雪舟等楊?), nado na provincia de Bitchū en 1420 e finado o 26 de agosto de 1506, tamén coñecido como Tōyō, Unkoku ou Bikeisai, foi un pintor xaponés, un dos principais expoñentes do suibokuga (pintura con tinta), e un monxe budista zen. Está considerado un dos mestres da pintura xaponesa.
Sesshū Tōyō | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1420 |
Lugar de nacemento | Provincia de Bitchū |
Falecemento | 26 de agosto de 1506 |
Lugar de falecemento | Masuda |
Nacionalidade | Xapón |
Relixión | Budismo |
Ocupación | bhikkhu e pintor |
Coñecido por | Haboku sansui, Landscape of the Four Seasons, Autumn and Winter Landscapes, Landscape by Sesshū, View of Amanohashidate e Huike Offering His Arm to Bodhidharma |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu dentro do clan Oda, na provincia de Bitchū (actual prefectura de Okayama). Converteuse en monxe zen en 1431 e estudou no templo Hōfuku-ji, na cidade de Sōja. En 1440 trasladouse ao templo Shōkoku-ji en Quioto, onde continuou os seus estudos zen e aprendeu pintura co monxe Shūbun. Nesta etapa imitou as técnicas dos pintores paisaxistas da China da dinastía Sung, como Ma Yuan e Xia Gui.
Durante a década de 1460, trasladouse a un templo budista zen en Yamaguchi e en 1467 realizou unha misión de dous anos á China, acudindo á corte imperial en Pequín, onde logrou pintur un mural no palacio. Durante a súa estadían na China acudiu a varios mosteiros zen chineses.
Ao seu regreso ao Xapón en 1469, conseguiu mellorar as súas composicións baseadas no estilo chinés, que eran máis racionais e tiñan maior intensidade e solidez nas súas pinturas cás do seu mestre, consideradas máis incoherentes e poéticas. Con Sesshū substituíuse o tema do baleiro na pintura zen xaponesa, incorporándose montañas, árbores, ríos, templos e persoas nas pinturas, elementos da dinastía Ming. Nesta etapa pintou biombos, pergamiños, paisaxes e figuras zen.
En 1476, fundou un estudio preto da prefectura de Ōita chamado Unkoku-an (雲谷庵?), onde ensinou pintura. Durante os seus últimos anos viaxou arredor do Xapón.[1]
PinturasEditar
Existen seis obras que están debidamente acreditados a Sesshū, todas designadas como Tesouros Nacionais. Existen outras obras atribuídas a el, mais non están corroboradas. Entre as súas pinturas están o Rolo da longa paisaxe, a Vista de Ama-no-Hashidate, os biombos Flores e cimbro e Falcóns e garzas.
Os traballos de Sesshū atópanse no Museo Nacional de Toquio,[2] a Galería Freer de Arte en Washington, D.C. e o Museo de Belas Artes de Boston.
ContinuadoresEditar
A técnica de Sesshū foi continuada por Bunsei, Shengon e Soga Rasoku, fundador da escola Soga de pintura.
Galería de imaxesEditar
Paisaxe (破墨山水 Haboku sansui?), 1495
Vista de Ama-no-Hashidate, ca. 1502–1505
NotasEditar
- ↑ 雪舟没後500年顕彰 (Memorial dos 500 anos da morte de Sesshū) (en xaponés)
- ↑ Landscape with ink broken Arquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. Museo Nacional de Toquio.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sesshū Tōyō |