Sergei Moziakin
Sergei Valeryevich Mozyakin (en ruso Серге́й Вале́рьевич Мозя́кин), nado o 30 de marzo de 1981 en Yaroslavl (Unión Soviética) é un xogador profesional de hóckey sobre xeo ruso que actualmente xoga no Metallurg Magnitogorsk na Kontinental Hockey League (KHL). O seu posto é de atacante.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1981 (43 anos) Iaroslavl, Rusia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 87 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Rusia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Winger (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | right-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Columbus Blue Jackets, 263º (2002) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
maio de 2017 | 2017 IIHF World Championship (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Con 318 puntos na súa carreira na KHL, foi o líder en puntos da competición en tres ocasións (2008–09, 2009–10 e 2012–13), e é o segundo máximo anotador da historia da KHL.
Traxectoria
editarEn 1998 Sergei Mozyakin fixo o seu debut cos Val-d'Or Foreurs na Ligue de hockey junior majeur du Québec (LHJMQ) xogando catro partidos. No seu retorno a Rusia a tempada seguinte, Mozyakin pasou a profesional, xogando no CSKA Moscova na Vyschaïa Hokkeïnaïa Liga (VHL) antes de ascender en 2002 á Superliga con dito equipo. Foi drafteado na 9ª rolda do Entry Draft da NHL en 2002, no posto 263 polos Columbus Blue Jackets. Na tempada regular 2005–06 da Superliga Rusa (RSL), Mozyakin mantivo un duelo de anotadores con Aleksey Morozov e Evgeni Malkin para converterse no máximo anotador da liga; finalmente Mozyakin, con 51 puntos, finalizou a liga liderando a competición en puntos. En 2006 fichou polo Khimik Moscow Oblast. Na tempada regular 2007–08 da Superliga, que sería a derradeira tempada da competición antes de ser substituída pola KHL, Mozyakin mantivo outro duelo anotador con Morozov, finalizando cun punto máis que Morozov, liderando a liga en goles (37) e puntos (64).
Mozyakin é tamén un xogador habitual da selección rusa, participando nos doce partidos do Euro Hockey Tour (EHT) na tempada 2007–08, no que anotou catro goles e repartiu tres asistencias para un total de sete puntos. Mozyakin tamén participou na consecución das dúas medallas de ouro do combinado ruso nos Campionatos do Mundo de 2008 e 2009.
Palmarés
editar- Campionato do Mundo 2008 (medalla de ouro)
- Campionato do Mundo 2009 (medalla de ouro)
- Finalista da Copa Gagarin 2010–2011 (medalla de prata)
Estatísticas
editarLiga Regular | Play-offs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Lega | PX | G | A | Pts | PIM | PX | G | A | Pts | PIM | ||
1998–99 | Val-d'Or Foreurs | QMJHL | 4 | 0 | 1 | 1 | 2 | — | — | — | — | — | ||
2000–01 | CSKA Moscova | RSL | 9 | 0 | 2 | 2 | 0 | — | — | — | — | — | ||
2002–03 | CSKA Moscova | RSL | 33 | 12 | 15 | 27 | 18 | — | — | — | — | — | ||
2003–04 | CSKA Moscova | RSL | 45 | 21 | 19 | 40 | 6 | — | — | — | — | — | ||
2004–05 | CSKA Moscova | RSL | 49 | 11 | 12 | 23 | 22 | — | — | — | — | — | ||
2005–06 | CSKA Moscova | RSL | 51 | 20 | 31 | 51 | 28 | 7 | 1 | 2 | 3 | 4 | ||
2006–07 | Khimik Moscow Oblast | RSL | 54 | 27 | 33 | 60 | 10 | 9 | 5 | 4 | 9 | 4 | ||
2007–08 | Khimik Moscow Oblast | RSL | 57 | 37 | 29 | 66 | 22 | 5 | 3 | 1 | 4 | 0 | ||
2008–09 | Atlant Moscow Oblast | KHL | 56 | 34 | 42 | 76 | 14 | 7 | 2 | 5 | 7 | 0 | ||
2009–10 | Atlant Moscow Oblast | KHL | 56 | 27 | 39 | 66 | 44 | 4 | 1 | 3 | 4 | 0 | ||
2010–11 | Atlant Moscow Oblast | KHL | 54 | 27 | 34 | 61 | 12 | 23 | 8 | 13 | 21 | 2 | ||
2011–12 | Metallurg Magnitogorsk | KHL | 53 | 20 | 19 | 39 | 18 | 12 | 6 | 3 | 9 | 0 | ||
2012–13 | Metallurg Magnitogorsk | KHL | 48 | 35 | 41 | 76 | 6 | 7 | 2 | 4 | 6 | 0 | ||
2013–14 | Metallurg Magnitogorsk | KHL | 54 | 34 | 39 | 73 | 8 | 21 | 13 | 20 | 33 | 8 | ||
2014–15 | Metallurg Magnitogorsk | KHL | 49 | 27 | 27 | 54 | 14 | 10 | 8 | 5 | 13 | 0 | ||
Total na KHL | 370 | 204 | 241 | 445 | 116 | 84 | 40 | 53 | 93 | 10 |
Estatísticas internacionais
editarAno | Equipo | Competición | Posto | PX | G | A | Pts | PIM | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 | Rusia | CM | 5º | 4 | 2 | 1 | 3 | 0 | |
2008 | Rusia | CM | Ouro | 7 | 0 | 1 | 1 | 2 | |
2009 | Rusia | CM | Ouro | 6 | 2 | 2 | 4 | 2 | |
2010 | Rusia | CM | Prata | 4 | 1 | 1 | 2 | 0 | |
Total como internacional séniro | 21 | 5 | 5 | 10 | 4 |
External links
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |