Sergei Aksakov
escritor ruso
Sergei Timofeevich Aksakov (en ruso Сергей Тимофеевич Аксаков), nado en Ufa o 1 de outubro de 1791 e finado en Moscova o 12 de maio de 1859, foi un escritor ruso.
Sergei Aksakov | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de outubro de 1791 e 1791 |
Lugar de nacemento | Ufa |
Falecemento | 30 de abril de 1859, 12 de maio de 1859 e 1859 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Alma máter | Universidade Estatal de Kazan |
Ocupación | escritor, crítico literario, xornalista, tradutor, memorialista, prosista e crítico de teatro |
Fillos | Vera Sergueievna Aksakova, Ivan Aksakov, Konstantin Aksakov e Grigory Aksakov |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pequeno propietario rural conservador, traballou como funcionario como tradutor e censor de prensa. Conseguiu fama por Crónica de familia (1856), baseada na historia da súa propia familia, na que describe nun estilo naturalista, con grande influencia de Gogol, a vida de dúas xeracións de colonos na Asia rusa dende os tempos de Catarina a Grande.
En Anos de infancia (1856) describe a súa propia infancia como neto dun rico colono siberiano.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |