Nikolai Gogol
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Nikolai Vasilevich Gogol (en ruso: Николай Васильевич Гоголь), nado en Sorochyntsi (Ucraína) o 31 de marzo de 1809 e morto en Moscova o 4 de marzo de 1852, foi un escritor en lingua rusa.
Nikolai Gogol | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Микола Васильович Яновський e Николай Васильевич Яновский |
Alcume | В. Алов, П. Глечик, Н. Г., ОООО, Г. Янов, N. N. e *** |
Nacemento | 31 de marzo de 1809 |
Lugar de nacemento | Velyki Sorochyntsi |
Falecemento | 4 de marzo de 1852 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Soterrado | cemiterio Novodevichii e Mosteiro de Danilov |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Etnia | Pobo ucraíno |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Alma máter | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Ocupación | novelista, dramaturgo, historiador, crítico literario, mestre, poeta, prosista, xornalista de opinión e escritor |
Pai | Vasyl Panasovych Gogol-Yanovsky |
Nai | Mariia Hohol |
Coñecido por | Almas Mortas, O Inspector Geral, Marriage e Taras Bulba |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu nunca familia pertencente a baixa nobreza campesiña rutena na gobernación de Poltava (hoxe Ucraína). Despois de realizar uns estudos pouco brillantes, atopou emprego nun ministerio e, en 1820, marchou a vivir a San Petersburgo, onde traballou como funcionario público. Aló profesou a amizade con Puschkin, dándose a coñecer entre os círculos literarios locais. Viviu en San Petersburgo gran parte da súa vida.
O seu afastamento de Ucraína e a nostalxia inspiráronlle as Veladas da aldea (1831-1832), e a súa experiencia laboral inspiroulle a obra O abrigo (1843), cuxo heroe, Akaki Akakiévitch, se converteu no arquetipo do pequeno funcionario ruso. Foi profesor de historia na Universidade de San Petesburgo de 1831 a 1835. Durante este período publicou numerosas noticias, coas coleccións Arabescos e Mirgorod. En 1836 publicou con grande éxito a súa obra teatral O inspector, aplaudida polos liberais e atacada polos reaccionarios.
Gogol séntese incomprendido tanto por aqueles que o apoian como polos que o critican. Desconcertado, comeza unha viaxe a través de Europa. Entre 1836 e 1848 viviu principalmente en Roma, viaxando por Alemaña, Suíza, Francia e a propia Italia. Alí comezou, partindo dunha idea do seu amigo Puschkin, a escribir unha novela que é considerada coma o seu mellor traballo e unha das maiores novelas da literatura universal, As almas mortas. Tratou de publicala en 1841 pero o comité moscovita de censura prohibiullo. O libro non aparecerá ata 1842, despois da intervención dos seus amigos e de varias revisións. Máis alá da estafa proxectada polo heroe, bastante rara -as almas son un termo administrativo que designa aos servos, e a posesión de almas mortas pode ser interesante para obter un préstamo garantido sobre elas- esta novela é unha descrición sen concesión da Rusia profunda, unha sátira ás veces desapiadada, pero onde a mirada de fondo, de xeito permanente, é o amor profundo de Gogol a Rusia.
De inestable personalidade, vítima de profundas e longas crises depresivas, continúa o seu devagar por Europa e empeora o seu estado de saúde. Nesta época acrecentouse o seu interese polo misticismo o que o leva a viaxar a Terra Santa.
Ao seu regreso a Moscova escribe a segunda parte d' As almas mortas e cae baixo a influencia dun sacerdote fanático, o cal o convence de que as súas obras narrativas eran pecaminosas. A raíz disto, en febreiro de 1852, destrúe gran cantidade dos seus manuscritos inéditos, entre eles a segunda parte d' As almas mortas.
Morreu o 4 de marzo de 1852, en Moscova. Foi enterrado no cemiterio de Novodevitchi.
Na súa época foi considerado por uns como escritor romántico e por outros precursor do realismo; liberal para uns, reaccionario para os outros; na actualidade é considerado o primeiro (cronoloxicamente) gran prosista e novelista ruso.
Obra literaria editar
- Вечера на хуторе близ Диканьки (Vechera na khutore bliz Dikan'ki, Seráns nun casarío preto de Dikanka), conxunto de relatos curtos sobre a vida na Ucraína rural, foi un libro recibido con moito entusiasmo. Inclúe relatos como Ночь перед Рождеством (Noiteboa), Майская ночь, или Утопленница (Noite de Maio, ou A afogada) e Заколдованное место (O lugar ameigado).
- Невский Проспект (A Perspectiva Nevski).
- Записки сумасшедшего (Diario dun tolo).
- Сорочинская ярмарка (Sorochinskaya yarmarka, A feira de Sorochinetz).
- Нос, 'Nos' (O Nariz). Pequena xoia literaria do xénero fantástico, onde o apéndice do protagonista decide independizarse del e usurparlle a súa personalidade.
- Миргород (Mirgorod) (1835). Inclúe o relato Тара́с Бу́льба (Taras Bulba), ampliado e convertido en novela máis tarde.
- Ревизор (O Inspector) (1836). Divertida sátira acerca da codiza e estupidez dos burócratas. Escrita en forma de comedia de erros e considerada por moitos como unha das obras máis significativas do teatro ruso. Nela, os burócratas locais dunha aldea confunden o viaxeiro cun inspector gobernamental que esperaban e ofrécenlle todo tipo de agasallos e coidados para que pase por alto tódalas irregularidades que están a cometer.
- Мёртвые души (As almas mortas). O conselleiro colexial Pável Ivanovich Chichikov, un aventureiro ambicioso, astuto e falto de escrúpulos, vai dun lugar a outro comprando, roubando e estafando para conseguir os títulos de propiedade dos serventes que aparecen nos censos anteriores pero que xa están mortos, polo que se lles chamaba 'almas mortas'. Con estas 'propiedades' como aval, planea conseguir un crédito para comprar unha propiedade con 'almas vivas. Ao redor destas viaxes o autor fai profundas reflexións sobre a degradante e abafante influencia da servidume, tanto para o servo como para o amo na Rusia rural da súa época.
A obra traduciuna ao galego Lourenzo Maroño e publicouna editorial Galaxia en 2023. - Шинель (Shinel, O capote). Relato curto acerca dun ocupado funcionario, vítima da inxustiza social.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nikolai Gogol |
Ligazóns externas editar
- Vidas Contadas en RNE (en castelán).