Abrir o menú principal

Serafín Otero

político español

Serafín Otero Fernández é un sindicalista e político galego.

Serafín Otero
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empregado de banca, foi militante de Partido Socialista Galego-Esquerda Galega e formou parte da candidatura desa formación para eleccións para o Parlamento de Galicia de 1989 [1] por Pontevedra. Tras a desaparición dese partido integrouse no BNG. Como sindicalista foi membro do comité de empresa de Banesto, responsable do sector de banca da Confederación Xeral de Traballadores Galegos e tras a fusión en 1994 coa INTG responsable do mesmo sector no sindicato resultante, a Confederación Intersindical Galega. Entre 2009 e 2014 foi o Secretario Comarcal da CIG en Vigo. En novembro de 2014 o BNG elixiuno como o candidato desa formación á alcaldía de Vigo para as eleccións de 2015.[2]

NotasEditar

  1. "BOE, 21 de novembro de 1989" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  2. Serafín Otero, candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, El Progreso, 20 de novembro de 2014