Sen Senra

Músico e cantante galego de garaxe

Christian Senra, coñecido artisticamente como Sen Senra, nado en Presqueiras (Forcarei)[1] en 1995, é un músico galego de garaxe e estilos achegados.

Infotaula de personaSen Senra
Biografía
Nacemento(es) Christian Senra Editar o valor em Wikidata
12 de decembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
San Miguel de Presqueiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoR&B contemporâneo (pt) Traducir, música pop e garage rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: sensenrajr Instagram: sensenra Youtube: UCeekSA3d_VPOjLbtw-i5AnA Spotify: 5lWasZeo8uWQk6GD8czJLq Musicbrainz: 14e3ab81-da70-4cb7-b73e-c50aeee3fa46 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Criado en Vigo, fillo dunha empregada de froitaría e dun obreiro da construción[2], xogou ao fútbol e comezou a tocar liderando a banda Demonhigh con compañeiros de instituto con quince anos.[1] Abandonou os estudos para dedicarse á música; cando comezou a desenvolver a súa carreira musical mudouse a Madrid (inicialmente ao barrio de Puente de Vallecas[2], e despois no céntrico barrio das Letras[2]).

O seu primeiro álbum, Permanent Vacation, publicouno en 2015: cantouno en inglés, e gravou el a voz e maila instrumentación. No segundo álbum, The Art of Self-Pressure, de 2017, cantou tamén en inglés temas de rhythm&blues e hip hop, e colaborou con Royce Rolo. Para o terceiro, Sensaciones, xa mudou ao español e supuxo o seu descubrimento no mercado en España, con varios millóns de reproducións online. Ao ano seguinte, en 2021, publicou Corazón Cromado, onde colaborou unha das figuras musicais daquela en España, C. Tangana e onde incorporou temas de reguetón[2]. A xira dese álbum levouno a dar concertos por toda España, e incluso chegou a meter 8000 persoas no escenario WiZink (Madrid) en xaneiro de 2022.

 
Sen Senra actuando no WiZink center en Madrid.

Do seu estilo teñen dito que é garaxe,[3] aínda que el o negue,[3] e que se move entre o R&B e o pop,[4] se ben tamén teñen sinalado que comparte moitos elementos da cultura hip hop.[3] Téñeno comparado con Frank Ocean[4] ou Mac DeMarco.[5]

Ten colaborado con Royce Rolo (Banana Bahia), Julieta Venegas, C. Tangana cos integrantes de Novedades Carminha.

Discografía editar

Vida persoal editar

É o irmán da artista e deseñadora de táboas Vaas Senber.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Andrés Moreno (2018-06-26). "Sen Senra "Me gustaría hacer una película"". Iamhere Magazine (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-01-23. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Marcos, Carlos (2022-01-13). "Sen Senra, el músico revelación ante el reto de su vida". El País (en castelán). Consultado o 2022-01-13. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Sen Senra". Notodo (en castelán). 2017-03-14. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2019. Consultado o 2020-01-23. 
  4. 4,0 4,1 "Sen Senra: la última sensación gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-17. Consultado o 2020-01-23. 
  5. 5,0 5,1 Fariña, Noelia (2017-03-06). "El Mac DeMarco gallego no solo toca 'garage' riquiño". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-23.