C. Tangana
Antón Álvarez Alfaro, nado en Madrid o 16 de xullo de 1990, máis coñecido como C. Tangana, é un rapeiro español.[1][2][3]
![]() (2025) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antón Álvarez Alfaro ![]() 16 de xullo de 1990 ![]() Madrid, España ![]() |
Outros nomes | El Madrileño Puchito Pucho ![]() |
Altura | 1,76 m ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro, cantante, cantautor ![]() |
Xénero artístico | Música hip hop, novo flamenco e pop rap ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parella | Rocío Aguirre (2021–) Rosalía (2016–2018) ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | ctangana.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira musical en 2006 baixo o pseudónimo de Crema, sendo integrante do grupo Agorazein xunto con Sticky M.A. –antes coñecido como Manto–, Jerv.[4] Agz., Fabianni e I-Ace. O madrileño coroouse en 2017 dentro do panorama mundial co seu hit «Mala Mujer» (dobre Disco de Platino), ó que lle seguirían éxitos como «Llorando en la Limo» (Disco de Platino) e «Bien Duro» (Disco de Ouro).[5][6][7]
É coautor da canción «Malamente» interpretada pola súa exparella Rosalía, traballo que recibiu no ano 2018 dous premios Grammy Latinos.[8][9][10]
Relación con Galiza
editarÉ fillo dun vigués, e descendente de galegos, moitos deles da zona de Salvaterra, tanto por vía paterna como materna, desde hai séculos, como o seu 'noveno-avó' J. Álvarez de Puga, nado en 1680 en Arbo, aínda que algúns deles emigraron a Madrid no século XIX. Moitos dos seus antepasados foron militares, como Luís Antonio Álvarez de Puga, Capitán da Armada que loitou no século XIX contra Napoleón.[11][12]
Himno do Celta
editarEn 2021 respondeu a un chío de Twitter de Radio Vigo para facer o himno do centenario, e en marzo de 2023 foi confirmado polo club.[13] En 2024 foi galardoado co premio Mestre Mateo polo seu videoclip do himno do Centenario do Real Club Celta de Vigo, "Oliveira dos cen anos", na categoría de Mellor Videoclip.[14][15]
Audiovisual
editarEn 2024, dirixiu o seu primeiro documental (tamén foi produtor e guionista e participou na canción orixinal) que na XXXIX edición dos Premios Goya, recibiu 2 premios: mellor película documental e mellor canción orixinal.[16]
Notas
editar- ↑ "C. Tangana: «En la escena nacional hay gente muy sensible»".
El madrileño Antón Álvarez, más conocido como C. Tangana
- ↑ "Cómo ser una estrella de la música sin pasar por Operación Triunfo".
- ↑ Prieto, Darío. "C. Tangana, el 'Ídolo' musical del año".
- ↑ "C. Tangana antes se llamaba Crema".
- ↑ "“Mala Mujer” de C. Tangana ya es doble Disco de Platino".
- ↑ "LLORANDO EN LA LIMO DE C. TANGANA YA ES DISCO DE PLATINO". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018.
- ↑ "BIEN DURO DE C. TANGANA YA ES DISCO DE ORO". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2018.
- ↑ "Rosalía y su "Malamente" conquistan los Grammy Latinos".
La española se alzó con el reconocimiento a mejor canción alternativa por "Malamente", distinción que compartió con Antón Álvarez Alfaro (C. Tangana) y Pablo Díaz-Reixa.
- ↑ "Rosalía, el ascenso imparable de la reina del flamenco pop - RTVE.es".
Unos temas, ocho de los cuáles Rosalía firma junto a su expareja, el trapero C. Tangana
- ↑ "Jorge Drexler, el gran triunfador de los Grammy Latinos". ISSN 1134-6582.
"Me he dedicado a admirar los versos de Rosalía y C. Tangana, que han recuperado el romancero español»
- ↑ V, R. (2022-05-09). "Los ocho apellidos gallegos de C.Tangana". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-15.
- ↑ Sertal, Carolina (2022-08-24). "C. Tangana e Vigo, unha historia de amor". Faro de Vigo. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ Diario, Nós (2023-03-15). "O Celta confíalle ao madrileño C. Tangana o himno do centenario". Nós Diario. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ ""Oliveira dos Cen Anos", Premio Mestre Mateo 2024". RC Celta. 2024-03-23. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Oliveira dos cen anos (C. Tangana)". Premios Mestre Mateo. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "La guitarra flamenca de Yerai Cortés". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: C. Tangana |