Selección de rugby de Austria
A selección de rugby de Austria representa a Austria nas competicións oficiais de rugby. Actualmente se encontra na terceira división da clasificación de seleccións internacionais da IRB, ocupando o posto número 79. A selección austríaca comezou a xogar partidos internacionais a principios dos anos '90. Austria nunca participou na European Nations Cup nin na Copa do Mundo.
Austria | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Steinböcke | ||
Unión | Österreichischer Rugby Verband | ||
Adestrador | David Holby | ||
Capitán | Omar El Agrebi | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 88 (28 de outubro de 2019) | ||
Estrea internacional | |||
Hungría 23−9 Austria 3 de maio de 1992 | |||
Maior vitoria | |||
Austria 77−0 Luxemburgo 12 de maio do 2001 | |||
Maior derrota | |||
Austria 0−78 Ucraína 14 de maio de 1994 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | Ningunha |
Historia
editarAustria xogou o seu primeiro partido oficial o 3 de marzo de 1992 fronte á Hungría, caendo por 23 a 9. O combinado austríaco tivo outro partido contra Hungría ese mesmo ano (o seu primeiro partido a domicilio e terceiro da súa historia e no cal perdeu por 3 a 5), así como dous partidos contra Eslovenia.
A primeira vitoria de Austria chegou nun partido contra Serbia e Montenegro en 1996. Austria conseguiu gañar máis partidos, e so perder algúns partidos esporádicamente a finais dos '90. Logo de non gañar ningún partido no 2002, Austria gañou tódolos partidos do 2004, creando un muro irrompible que so foi roto por Dinamarca no 2005.
Rexistros
editar- Máis vitorias consecutivas: 5 (entre o 22 de maio do 2004 e o 16 de outubro do 2004
- Máis derrotas consecutivas: 11 (entre o 3 de maio de 1992 e o 5 de novembro de 1995
- Enfrontouse a 21 equipos diferentes, dos cales nunca conseguiu bater a tres deles, e 9 deles nunca puideron bater a Austria.
Outros
editarO 3 de maio do 2008 tivo lugar un incidente no centro de Vilnius (Lituania), onde ao redor de 20 membros do equipo austríaco protagonizaron un infrecuente e non oficial acto, ao beberen espidos. Logo disto, a Federación Austríaca de Rugby condenou esta actitude e a tachou de inaceptable.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en alemán)