Selección de fútbol de Sri Lanka
A selección de fútbol de Sri Lanka (en cingalés: ශ්රී ලංකා පාපන්දු කණ්ඩායම, en támil: இலங்கை தேசிய கால்பந்து அணி) é o equipo representativo de Sri Lanka nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Sri Lanka (en inglés: Football Federation of Sri Lanka), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Antes de 1972 o equipo recibía o nome de selección de fútbol de Ceilán, adoptando o actual nome após a mudanza do nome do país. Alcumados os Leóns dourados, nunca conseguiron participar nin na fase final dunha Copa do Mundo nin da Copa Asiática.
Sri Lanka | |||
---|---|---|---|
| |||
Asociación | Football Federation of Sri Lanka − FFSL | ||
Confederación | AFC (Asia) | ||
Código FIFA | SRI | ||
Alcume | Golden Lion (Leóns dourados) | ||
Clasificación FIFA | 206 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Amir Alagić | ||
Máis encontros | Ediri Bandanage Channa (62) | ||
Máximo goleador | Kasun Jayasuriya (27) | ||
Estrea internacional Ceilán 0 – 2 India Colombo, Ceilán; 1 de xaneiro de 1952 | |||
Maior vitoria Sri Lanka 7 − 1 Paquistán Taipei, Taiwán; 4 de abril de 2008 Sri Lanka 6 − 0 Bután Dacca, Bangladesh; 6 de decembro de 2009 | |||
Maior derrota Ceilán 1 – 12 Alemaña Democrática Colombo, Ceilán; 12 de xaneiro de 1964 |