Segunda sofística

A finais do século I, durante os séculos II, III e IV ata ben entrado o século V, xurdiu dentro do chamado helenismo un renacemento da retórica grega denominado Segunda sofística por un dos seus membros, Filóstrato, autor dunhas Vidas dos sofistas.

Entre os principais autores desta corrente atópanse Nicetas de Esmirna, considerado por Filóstrato o iniciador desta corrente, o seu discípulo Escopeliano, Marco Antonio Polemón, Herodes Ático, Elio Arístides, Dión de Prusia, Favorino de Arlés, Alcifrón, Claudio Eliano, o propio Filóstrato, Luciano de Samosata, Ateneo de Náucratis, Apolodoro, Filón de Alexandría, Máximo de Tiro, Libanio, Himerio, Temistio, o emperador Xuliano o Apóstata, Procopio de Gaza, Coricio de Gaza e Eneas de Gaza, e o que sen dúbida é o máis importante deles, Plutarco de Queronea.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar