Segorella

especie de planta
Segorella

Ilustración de Deutschlands Flora in Abbildungen, 1796, Johann Georg Sturm (pintor: Jacob Sturm)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: Satureja
Especie: S. hortensis
Nome binomial
'Satureja hortensis'
L. 1753

A segorella[1] (Satureja hortensis L.) é a especie máis coñecida das especies do xénero Satureja. É unha planta anual, semellante no uso e en sabor á perenne Satureja montana.

Descrición editar

A herba acada de 30 a 60 cm de altura, e ten follas moi finas dunha cor verde bronceada. Toda a planta está cuberta dunhas vilosidades curtas. As flores desta herba son de cor lila e tubulares, roseando de xullo a setembro.

 
A segorella.

Cultivo editar

Os xardineiros que desexen cultivala deben sementala entre finais de inverno e primavera, a 1,5 mm de profundidade nun bo alcouve con compost. A xerminación adoita requirir de 14 a 21 días a 18-20 °C. Ao acadar o tamaño axeitado cómpre transplantar a un vaso de aproximadamente 7 centímetros de altura. Máis tarde, ao acadar os 40 centímetros de altura, débense plantar nun solo con boa drenaxe, a pleno sol e a unha distancia de 38 cm. Apáñanse as follas que se van empregar idealmente en agosto. O resto da planta ten sementes de abondo para que na vindeira primavera agromen novas plantiñas.

Usos editar

Na gastronomía prefírese esta planta cá Satureja montana L. por mor ao seu delicado recendo e a súa dozura. Salienta na cociña búlgara, dando un forte e picante sabor aos pratos máis simples e máis extravagantes. No canto de sal e pebre, na mesa búlgara atoparemos tres condimentos: sal, pemento e segorella. Cando se mesturan estas tres especias obtemos a sharena sol (sal colorido).

A segorella coñécese en lingua romanesa coma cimbru sendo moi apreciada na súa cociña, especialmente nos pratos de feixóns e lentella, mais tamén en carnes ou sarmale (rolos desecados de repolo).

Usos medicinais editar

É antiséptico, adstrinxente, calorífero, con sabor a pementa; elevado contido de carvacrol.

Emprégase para suplir a falla de zume gástrico, contra os parasitos intestinais, a gota, o reumatismo, as doenzas bronquiais, a impotencia e a frixidez.

É, tamén, un bo desinfectante bucal facéndose gargarexos coa súa tisana.

Externamente úsase en baños, contra afeccións cutáneas.

Sinonimia editar

  • Satureja laxiflora K.Koch
  • Satureja pachyphylla K.Koch[2]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego n´"Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Guía da alimentación Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995
  2. Sinónimos en Real Jardín Botánico Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar