Abrir o menú principal
Alcouve para horta ou xardín.

Un alcouve, sementeiro ou pebideiro é un lugar onde se botan as sementes de certas plantas e onde se crían estas durante un curto período de tempo, para seren logo transplantadas xeralmente a un viveiro. Tamén pode denominarse sementeiro ou pebideiro ao lugar onde se gardan as sementes.

É unha área de terreo preparado e arranxado especialmente para botar as sementes co obxectivo de que estas grelen ou xermolen nas mellores condicións e coidados, de xeito que medren sen dificultade até que a plantiña estea pronta para o transplante.

O alcouve é o sitio axeitado para que a semente inicie a súa primeira fase de desenvolvemento. Despois a planta medrará e será transplantada ao terreo definitivo.

Tipos de alcouveEditar

Segundo a área de terreo e material dispoñíbel poden ser:

Alcouves portátiles:

Aqueles que poden ser trasladados dun lugar a outro segundo a necesidade; utilízanse para pequenas sementeiras e poden ser construídos en caixóns, caixas de madeira ou de plástico, saquetas de polietileno ou outro material fácil de transportar. As súas dimensións aproximadas son: 50 cm de longo, 35 cm de largo e 10 cm de fondura; cómpre que o caixón teña pequenos furados para permitiren o desaugamento.

Alcouves temporais ou transitorios:

Aqueles que se usan unha soa vez ou para curta duración; as súas dimensións aproximadas son: longo de acordo coa necesidade, largo 1.10 m, alto 20 cm.

Alcouves semipermanentes: Aqueles que que se utilizan para variar as culturas ou sementeiras; non son nin temporais nin fixos; contrúense facendo un cerrume de táboas ou tixolo nos bordos, e as súas dimensións aproximadas son: longo segundo a dispoñibilidade do terreo e material, largo 1,10 m, alto 20 cm.

Alcouves permanentes ou fixos: Son aqueles utilizados de xeito permanente; os bordos constrúense en cemento e bloques, o fondo é de se construyen con cemento y bloque, o fondo vai con pellets a xeito de peneira, para facilitar a drenaxe.

Importancia dos alcouvesEditar

Permiten un mellor aproveitamento e rendemento por metro cadrado nas plantacións, xa que garanten unha mellor escolla de sementes, polo que se aumenta a produtividade da colleita. facilita a actividade agrícola familiar. Ademais son moi importantes nalgúnhas especies vexetais de hortalizas con sementes moi miúdas, como a leituga, a cebola ou o tomate, que deste xeito non se sementan no agro senón que se transplantan, acadando deste xeito un bo desenvolvemento no seu primeiro período de vexetación.

Labores culturaisEditar

Os labores culturais abranguen un conxunto de actividades conexas coas agrícolas que se realizan dende a sementeira, e continúan durante a xerminación até o transplante ao local definitivo. Estes labores son: rega, control de malas herbas, control de pragas, pestes e doenzas.

Véxase taménEditar