Sebastián Lores González

empresario e político galego

Sebastián Lores González, nado en Lérez o 16 de novembro de 1879 e finado en Pontevedra o 21 de outubro de 1965, foi un empresario da construción, concelleiro de Pontevedra, vogal nacional e xefe provincial do Sindicato da Construción, conderado coa Medalla ao Mérito no Traballo.

Infotaula de personaSebastián Lores González
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Lérez, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1965 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Andrés Lores Solla, presidente da Asociación Protectora do Obreiro.[1] Traballou coma contratista de obras en Pontevedra e en Santiago de Compostela, chegando a converterse nun destacado empresario da construción a nivel provincial tras participar en proxectos como a fábrica de Cerámica A Caeira do marqués de Riestra en Pontevedra, a Casa de Baños A Iniciadora de estilo art nouveau na avenida Cánovas do Castelo de Vigo, os Saltos da Barbanza en Pobra do Caramiñal, e a fábrica de Massó de estilo art déco, actual Museo Massó, en Bueu.[2]

Demostrando sempre interese polas condicións laborais dos traballadores, comezou a súa actividade sindical como secretario da Federación Obreira de Pontevedra e membro directivo da Sociedade de Socorros Mutuos, e en recoñecemento á súa xestión durante case tres décadas, en 1947 foi nomeado xefe provincial e vogal nacional do Sindicato da Construción.[3][4][5] En 1952 acedeu a través do Terzo Sindical como candidato máis votado ao Concello de Pontevedra en calidade de concelleiro e membro da Comisión de Gobernación baixo a alcaldía de Juan Argenti Navallas, e o mesmo ano foi elixido Presidente da Sociedade Recreativa de Artesáns.[6][7][8]

Á fronte do Sindicato trazou e promoveu durante o seu mandato un plan de construción de vivendas para obreiros a través dun sistema de axudas mutuas e subvencións de materiais mediante o cal todos os traballadores poderían dispor dunha vivenda familiar en propiedade á conta dunha renda mensual mínima. Por decisións alleas, lamentablemente nunca logrou pór en práctica esta iniciativa a pesar de tentalo até a súa xubilación, con preto de oitenta anos de idade.[2]

Tendo aínda tres anos por diante en activo, o 13 de decembro de 1953 foi condecorado no Palacio Municipal de Pontevedra coa Medalla ao Mérito no Traballo, en recompensa a “unha vida de exemplar honestidade, modelo de virtudes profesionais”, “así coma pola destacada labor social realizada desde o Sindicato en favor dos traballadores do gremio”, sendo considerado “o primeiro aristócrata pontevedrés do traballo” e “un exemplo digno de imitación para patróns e obreiros”.[9][10][11]

Vida persoal editar

Foi tío do futbolista e adestrador Manuel Carballo Lores “Carolo”, e avó de Agustín Estévez Lores “Tito”, porteiro do Pontevedra Club de Fútbol.[12]

Condecoracións editar

  •   Medalla ao Mérito no Traballo (11 de setembro de 1953).

Notas editar

  1. "Homenaje al Sr. Montero Ríos". La Opinión. 3 de setembro de 1896. p. 2. 
  2. 2,0 2,1 A. García Fernández (13 de decembro de 1953). "Don Sebastián Lores González, recibe hoy la Medalla al Mérito en el Trabajo". El Pueblo Gallego. p. 8. 
  3. "Una asamblea en Pontevedra". El Tea. 23 de febreiro de 1919. p. 2. 
  4. "Nuevas Directivas". El Progreso. 30 de decembro de 1928. p. 2. 
  5. "Jerarquías y representaciones sindicales de esta provincia en Madrid". El Pueblo Gallego. 11 de novembro de 1948. p. 4. 
  6. "Elecciones para el tercio sindical en Galicia". Hoja Oficial del Lunes. 3 de decembro de 1951. p. 2. 
  7. "Vida municipal". El Pueblo Gallego. 1 de junio de 1956. p. 9. 
  8. "Las directivas del Mercantil y Artesanos". El Pueblo Gallego. 1 de febreiro de 1952. p. 6. 
  9. "El homenaje al Jefe del Sindicato de la Construcción, Sr. Lores, tendrá lugar el día 13 próximo". El Pueblo Gallego. 2 de decembro de 1953. p. 2. 
  10. Boletín Oficial del Estado, Orden de 11 de setembro de 1953.
  11. "Imposición de la Medalla del Trabajo al Jefe del Sindicato Provincial de la Construcción señor Lores González". El Pueblo Gallego. 15 de decembro de 1953. p. 8. 
  12. "Sociedad". La Noche. 13 de xullo de 1960. p. 5.