Río Barbanza
O río Barbanza é un pequeno río da provincia da Coruña.
Río Barbanza | |
---|---|
Río Barbanza, xunto a Arca da Barbanza. | |
País | Galicia |
Nacemento | Monte Xestoso, Boiro |
Lonxitude | 12 km |
Desembocadura | Ría de Arousa |
Descrición
editarNalgunhas obras (como a Gran Enciclopedia Galega) o Barbanza aparece como un afluente do río Pedras. Porén, na bastante exhaustiva obra de Río Barxa e Rodríguez Lestegás, Os ríos galegos, o Barbanza é, sen dúbida, o río principal. A maiores debe terse en conta que, nos mapas onde o Pedras figura como curso principal, figura ao seu pé a localidade da Ponte Barbanza, o que mostra que o curso principal é o que aquí se mantén.
Fontes
editarNace a unha altura de 540 m, no concello de Boiro, na aba do monte Xestoso, que forma parte da serra do Barbanza, na península do mesmo nome, que constitúe un espléndido horst granítico sobre o mar.
Percorrido
editarO Barbanza desenvolve un percorrido curto, con grande inclinación, no que forma cachóns e fervenzas, con estanques intermedios. Desemboca na Pobra do Caramiñal, preto do lugar de Pontes, sobre a ría de Arousa. A lonxitude total do río é de 12 km.
Afluentes
editarO seu principal afluente pola dereita é o río Pedras, que ten un curso semellante. Pola esquerda, e pouco antes de desembocar, recibe o Río Lérez.