Seaia, Malpica de Bergantiños, Malpica de Bergantiños
Seaia é un lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 158 habitantes (77 homes e 81 mulleres).
Seaia | |
---|---|
Parroquia | Malpica de Bergantiños |
Concello | Malpica de Bergantiños |
Coordenadas | 43°19′12″N 8°49′42″O / 43.319884188497, -8.8283532748032 |
Poboación | 158 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
Aparece en documentación do século IX co nome de Salagia. A súa xurisdición abranguía parroquias dos concellos de Ponteceso e Malpica de Bergantiños. En Seaia estivo a igrexa parroquial antes de ir para Malpica, e foi arciprestado de seu até que se integrou no de Bergantiños. Na aldea consérvase o Pazo do Arcipreste.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
Lugares de Malpica de Bergantiños
Lugares da parroquia de Malpica de Bergantiños no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) | |
---|---|
A Atalaia | O Barreiro | O Caldeirón | O Camiño do Río | O Campo | A Camposa | A Camuza | Cancela de Areas | Canido | A Cerca | A Costa | O Escorial | Illas Sisargas | Malpica | Os Medros | A Orxeira | As Pedreiras | A Pedreiriña | Os Piñeiros | O Porto | A Praia | Santo Antonio | Seaia | Seixas | Sorrío | O Ventorrillo | Vilarnovo | As Vistas |