Illas Sisargas

arquipélago en Cabana de Bergantiños

Coordenadas: 43°21′33″N 8°50′17″O / 43.35903, -8.83808

As illas Sisargas son un arquipélago galego situado no océano Atlántico en fronte do cabo de Santo Hadrián, na chamada Costa da Morte. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande –a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro–, a illa Sisarga Pequena –a máis próxima á costa– e a illa Malante –situada entre as dúas–. As illas pertencen ó concello de Malpica.

Illas Sisargas
Illas Sisargas.jpg
Illas Sisargas.
Illas Sisargas en A Coruña
Illas Sisargas
Illas Sisargas
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGalicia Galicia
ProvinciaA Coruña
ArquipélagoIllas Sisargas
MarAtlántico
Coordenadas43°21′33.111″N 8°50′30.345″O / 43.35919750, -8.84176250
Xeografía
Superficie0,8 km²
Longura máxima1,6 km
Largura máxima1,1 km
Perímetro5,4 km
Punto máis alto92 msnm, Sisarga Grande
Distancia a terra0,75 km
Demografía
CapitalMalpica de Bergantiños
Poboación0
Densidade0 hab./km²

XeografíaEditar

 
Illas Sisargas, Malpica de Bergantiños.

Están situadas preto da costa, con 750 m de distancia entre a illa Sisarga Pequena e o cabo de Santo Hadrián. Están a 3 km da vila de Malpica e a uns 35 km ao oeste da cidade da Coruña. O grupo disponse a xeito dun L invertido e xiradoː a illa Sisarga Grande é a máis occidental e setentrional; Malante, tamén chamada Atalaxeiro[1], ocupa a posición central e angular; e a illa Sisarga Pequena ten a posición meridional. Unhas doutras sepáranse por estreitas canles de mar (canal de Estádiga entre as dúas primeiras e canal de Esteirón entre a Malante e a Pequena). A máxima elevación pertence á Sisarga Grande con 100 metros sobre o nivel do mar.

FaunaEditar

A importancia das Illas Sisargas está nas súas colonias de gaivota escura (Larus fuscus), garrucho (Rissa tridactyla), paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e arao dos cons (Uria aalge), aves escasas en Galiza e na Península Ibérica e que teñen aquí unha das súas maiores colonias. Ademais existe unha importante poboación de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), andurón real (Tachymarptis melba), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).

ToponimiaEditar

O padre Sarmiento, que as denomina Cisargas, propuxo a hipótese de que o nome das Sisargas estaba referido a Xulio César, quen cara ao ano 60 a. C., chegou á Gallaecia, e someteu a súa parte Norte, aparecendo entre os ártabros, aos que, segundo as crónicas romanas, aterrorizaría coas súas naves, polo que se someterían decontado aos romanos. Esta hipótese supón que o seu nome latino sería *insulas Caesaricas, en acusativo plural, desvelando o estadio lingüístico actual a influencia seseante.

En relación con isto, Rodríguez Bordallo e Ríos Graña sosteñen que aquí estivo localizado un dos grupos das Aras Sestianas, en concreto os citados por Tolomeo como "Sestíou bomoí": "tres altares de Sestíos".

Con todo, o máis coherente e aceptado hoxe en día, é que proveñan dunha raíz hidronímica indoeuropea *eis- 'fluír', en grao cero *is-, dunha forma *Illas Isargas (de *Insulas Isáricas)[Cómpre referencia]. O S- non sería máis que a deglutinación do -s final de Illas. Da mesma produtiva raíz veñen tamén o nome do río Ézaro (de *Ísarus) e moitos outros hidrónimos galegos e europeos.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Malpica de BergantiñosEditar

Lugares da parroquia de Malpica de Bergantiños no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

A Atalaia | O Barreiro | O Caldeirón | O Camiño do Río | O Campo | A Camposa | A Camuza | Cancela de Areas | Canido | A Cerca | A Costa | O Escorial | Illas Sisargas | Malpica | Os Medros | A Orxeira | As Pedreiras | A Pedreiriña | Os Piñeiros | O Porto | A Praia | Santo Antonio | Seaia | Seixas | Sorrío | O Ventorrillo | Vilarnovo | As Vistas

Parroquias de Malpica de BergantiñosEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)


Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Otero Pedrayo, Ramón, Guía de Galicia. Galaxia. Vigo. 1954.
  • Rodríguez Bordallo, Ramón e Ríos Graña, Ana María, El simbolismo, la localización y el número de las Aras Sestianas, in Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto. I volumen. Xunta de Galicia. Santiago. 1984
  • Sarmiento, Martín, Onomástico etimológico de la Lengua Gallega, 1757. Edic. de J. L. Pensado Tomé, vol.I. Salamanca. 1998.

Outros artigosEditar

  1. Otero Pedrayo, Ramón (1954). Guía de Galicia (3ª ed.). Galaxia. p. 216.