Scott Bamforth

Xogador de baloncesto estadounidense con pasaporte kosovar

Scott Douglas Bamforth, nado o 7 de maio de 1996 en Albuquerque, Novo México, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense con pasaporte kosovar. Formado nas universidades de Western Nebraska e Weber State, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,88 m, desenvólvese na posición de escolta.[2]

Scott Bamforth
Río Breogán  – No. 4
Información persoal
Nacemento 12 de agosto de 1989 (34 anos)
Albuquerque, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos / Kosovo
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Escolta
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Instituto Del Norte (Albuquerque)
Universidade Western Nebraska (2008–2009)
Weber State (2010–2013)
NBA Draft 2013 / Elección: Non drafteado
Internacional Kosovo Kosovo
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Cajasol (2013–2014)
UCAM Murcia CB (2014−2015)
Baloncesto Sevilla (2015−2016)
RETAbet Bilbao Basket (2016−2017)
Banco di Sardegna Sassari (2017−2019)
Budućnost VOLI (2019−2020)
Le Mans Sarthe (2020−2022)
Río Breogán (2022−presente)

Traxectoria editar

Estados Unidos editar

Bamforth asistiu e xogou no Instituto Del Norte de Albuquerque, Novo México. Foi nomeado dúas veces no primeiro equipo de todo o estado, así como o xogador do ano da escola secundaria de Novo México en 2007. Deixou Del Norte como o máximo anotador de todos os tempos da escola.[3] Após finalizar o instituto, Bamforth comprometeuse co Western Nebraska Community College, onde fixo unha media de 18 puntos por partido na súa primeira tempada (2008–09). Na pretemporada 2009–10 rompeu o brazo antes do primeiro partido e decidiu transferirse a Weber State de que comezase a temporada.[3]

Bamforth xogou en 99 partidos para os Weber State Wildcats, cunha media de carreira de 13,6 puntos, 3,2 rebotes e 2,5 asistencias por partido, rematando décimo primeiro en anotación da historia da universidade. Ademais, gañou foi nomeado All-Conference en cada temporada e estableceu un récord escolar con 259 triplas feitas na súa carreira, así como o récord dunha soa temporada de 103. Ambos rexistros eran previamente propiedade de Damian Lillard. En marzo de 2013, foi nomeado no equipo do 50 aniversario de baloncesto masculino de Weber State, como un dos 50 mellores xogadores da escola na súa historia.

Europa editar

Após non ter sido seleccionado no Draft da NBA, Bamforth asinou co Baloncesto Sevilla da Liga ACB en agosto de 2013. No club sevillano fixo unha media de 10,9 puntos e 4,3 rebotes por partido nun total de 37 xogos. Nesta temporada destacou a súa actuación ante o CB Valladolid no Polideportivo Pisuerga, onde fixo 26 puntos con 6 de 10 en canastras triplas. Tras acabar a temporada asinou co UCAM Murcia CB, onde fixo unha media de 8,9 puntos e 2,2 puntos por encontro. Ao ano seguinte regresou a Sevilla despois de rexeitar unha oferta do Baloncesto Fuenlabrada. No club andaluz mellorou a súa achega a respecto da súa primeira temporada, conseguindo 12,5 puntos e 3,5 rebotes por encontro. Isto serviulle para asinar na seguinte temporada co Bilbao Basket, equipo co que competiu na EuroCup. No club vasco mellorou aínda máis o seu rendemento, facendo 14,5 puntos por partido en ACB e 12,3 en EuroCup.[2]

Ao acabar a temporada asinou polo Banco di Sardegna Sassari da LBA. No club italiano chegou a facer unha media de 19,0 puntos por partido na máxima categoría italiana e 15,9 puntos na Basketball Champions League. Tras dúas temporadas asinou polo Budućnost VOLI da Liga do Adriático e EuroCup. Na segunda competición europea fixo unha media de 13,1 puntos por encontro. Ao finalizar ao ano asinou polo Le Mans Sarthe Basket da Jeep Elite francesa. Alí fixo unha media 18,0 puntos por partido na competición local e 22,0 na Champions League.

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Bamforth ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. "Scott Banforth, puntos e experiencia para o Río Breogán". CB Breogán. 2 de agosto de 2022. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Scott Bamforth, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Peterson, Anne (26 de marzo de 2013). "Weber State's Scott Bamforth overcomes tough times to break Damian Lillard's 3-point mark". Fox News. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar