Saturación (química)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
En química, saturación ten cinco significados distintos, todos baseados en chegar a unha capacidade máxima:
- En físico-química, saturación é o punto en que unha solución dunha substancia non pode disolver máis cantidade desa substancia e as achegas adicionais van facendo xurdir un precipitado. Este punto de máxima concentración -o punto de saturación- depende da temperatura do líquido, tamén da natureza química das substancias implicadas. Iso pode ser usado no proceso de recristalización para purificar unha substancia química: é disolta ao punto de saturación nun disolvente quente; cando o disolvente arrefría diminúe a solubilidade (normalmamente) e o exceso de soluto precipita. As impurezas, que están presentes en concentración moi baixa, non saturan o disolvente e así permanecen disoltas no líquido. Se a alteración das condicións (de arrefriamento, por exemplo) significa que a concentración é maior que o punto de saturación, a solución tornouse supersaturada.
- En físico-química, cando se refire a procesos de superficie, a saturación indica o grao en que un lugar de enlace está totalmente ocupado. Por exemplo, a saturación básica refírese á fracción de catións trocábeis que son catións básicos. Da mesma forma, en ciencia ambiental do solo, saturación de nitróxeno significa que un ecosistema, como un solo, non pode almacenar máis nitróxeno.
- En química orgánica, un composto saturado non ten enlaces dobres ou triplos. Nos hidrocarburos saturados lineares, cada átomo de carbono está ligado a dous átomos de hidróxeno, agás os que están nos extremos da cadea, que soportarán tres átomos de hidróxeno. No caso do composto saturado metano, catro átomos de hidróxeno están ligados ao único átomo de carbono, central. Entre os hidrocarburos simples, os alcanos son saturados, e os alquenos son insaturados. O grao de insaturación especifica a cantidade de hidróxeno que un composto pode vincular. O termo é aplicado de forma semellante aos ácidos graxos constituíntes dos lípidos, onde a graxa é descrita como saturada ou insaturada, dependendo de se os ácidos graxos constituíntes conteñen conexións carbono-carbono duplas. Insaturados é usado cando toda a estrutura de carbono contén conexións duplas ou triplas ocasionalmente. Moitos aceites vexetais conteñen ácidos graxos cun enlace dobre (monoinsaturados) ou máis enlaces dobres (poliinsaturados) nas súas estruturas. O número de bromo é un índice de insaturación.
- En química de organometálicos, un complexo insaturado ten menos de 18 electróns de valencia e, polo tanto, é susceptíbel á adición oxidativa ou coordinación dun ligando adicional. A insaturación é característica de moitos catalizadores porque xeralmente é un requisito para a activación do substrato.
- En bioquímica, o termo saturación refírese á fracción de sitios de enlace de proteína totais que son ocupados en determinado momento.