Sara Leirós Fernández
profesora e escritora galega
Sara Leirós Fernández, nada nas Neves o 31 de maio de 1897 e finada en Santiago de Compostela en 1978, foi unha profesora e escritora galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1897 As Neves, España |
Morte | 1978 (80/81 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | profesora, escritora |
Familia | |
Irmáns | Eladio Leirós Fernández |
Traxectoria
editarEstudou na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. Foi profesora numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense de 1928 a 1936. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929,[2] cun ensaio, escrito en castelán, arredor do significado intelectual do Padre Feijoo. En 1936 realizou varios viaxes, grazas a unha bolsa concedida pola Junta para Ampliación de Estudios, a diferentes países coa intención de adquirir máis coñecementos sobre Organización escolar. Despois da Guerra civil foi profesora na Escola Normal de Santiago de Compostela, cidade na que morreu en 1978.
Obras
editar- Compendio de Geografía General, 1934.
- El padre Feijoo. Sus ideas crítico-filosóficas, 1935.
- El existencialismo en la educación, 1959
- El padre Feijoo: su magisterio, 1967
- Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual, 1973.
- Por el camino, 1975.
Notas
editar- ↑ "Sara Leirós Fernández". Cultura Galega. Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ Marco 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 213–215. ISBN 978-84-8487-466-9