Santuario da Tuiza

construción relixiosa nos Chaos, Lubián

O Santuario da Tuiza é un templo barroco situado no termo dos Chous, pertencente ao concello de Lubián da provincia de Zamora.

Santuario da Tuiza
Datos xerais
PaísEspaña
AdvocaciónA Nosa Señora das Neves
LocalizaciónOs Chous (Lubián)
Coordenadas42°01′52″N 6°55′32″O / 42.031113292823, -6.9254808474828Coordenadas: 42°01′52″N 6°55′32″O / 42.031113292823, -6.9254808474828
CatalogaciónBen de interese cultural
Culto
Diocesediocese de Astorga
Arquitectura
Construciónséculo XVIII
EstiloArquitectura barroca
IdentificadorRI-51-0008700
editar datos en Wikidata ]

En 1995 foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento. É un dos exemplos máis interesantes e de maior raizame popular, da bisbarra zamorana de Seabra e lugar de celebración dunha coñecida romaxe. O edificio responde a un esquema barroco moi puro, con claras influencias galaico-portuguesas, sobresaíndo a súa torre, na que son de admirar a súa cúpula e lanterna, ornadas con rica decoración de volutas.[1]

Situación editar

O santuario encóntrase no termo dos Chous, localidade próxima e pertencente ao concello de Lubián. Encóntrase situado ao fondo dun val e ao pé da vía A-52.[2] Se encontra situado nunha bela paraxe, rodeada de abundante arboredo, con paisaxes claramente galegas formadas por fentos, carballos, lamigueiros e piñeiros que forman unha especie de bosque.[3]

Historia editar

A súa primeira localización estivo nunha paraxe chamada "Cavados", no termo de Chaos, aínda que no século XVIII foi traslada a súa actual localización. A tradición afirma que a capela da primeira ermida foi reconstruída na súa planta cadrada pedra a pedra, correspondendo pois coa actual capela maior; tamén se afirma que a torre ten a mesma procedencia. Ambas as dúas afirmacións populares non encontran a súa xustificación á vista do actual inmoble, ao máis reaproveitaríanse algúns materiais na construción da actual igrexa.[4]

Conta tamén a tradición que un dos colectivos máis devotos da Virxe de Tuiza foron os segadores galegos no seu ir e vir a traballar en verán a Castela e León.

Descrición editar

Edificio con planta de cruz latina, no que a cabeceira e brazos do cruceiro son rectos e de escaso fondo. Do exterior destaca como unha obra allea aos gustos zamoranos e moi influenciada polas correntes galegas. Construída con bo cadeirado, conta cunha cuberta de lousa ao estilo da arquitectura da bisbarra de Seabra. A torre é cadrada no que se encontran os vans das campás e o cupulín, sendo aquí onde se concentran todos os motivos decorativos, pois a fábrica se caracteriza pola súa desornamentación. O brazo de cruceiro contén unha xanela apaisada para poder contemplar a Virxe dende o exterior cando o templo se encontra pechado.

Do seu interior destacan as súas bóvedas pétreas de medio canón soportadas sobre pilastras. O edificio conta cunha porta principal, existindo outras dúas na nave que se encontran enfrontadas e alinteladas.

Festividade editar

Os días grandes deste santuario son o último domingo de setembro e o día da nosa Señora das Neves, o 5 de agosto.

Notas editar

  1. DECRETO 203/1995, do 28 de setembro, polo que se declara Ben de Interese Cultural, con categoría de monumento, a favor do Santuario de La Tuiza, en Lubián (Zamora)
  2. "Santuario da Tuiza". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  3. "Guía de Camiños Históricos a Santiago". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  4. "Santuario da Tuiza na web da Xunta de Castela e León.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar