Santiago Núñez Rodríguez
Santiago Núñez Rodríguez, máis coñecido como Chas, nado en Vigo o 26 de setembro de 1928, é un exfutbolista galego. Destacou especialmente na Cultural Leonesa, coa que marcou 46 goles en 85 partidos, foi máximo goleador da Segunda División e marcou o gol que lle deu ao club o único ascenso á Primeira División da súa historia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1928 (96 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista |
Traxectoria
editarComezos
editarComezou xogando ao fútbol no Atlántida Matamá, e logo pasou polo Domaio FC e o Marín, simultaneando este último co servizo militar.[1] En marzo de 1950 marchou a Madrid para realizar unha proba co Atlético de Madrid para unha posible fichaxe.[2] Con todo, unha fractura nunha perna deixouno sen posibilidades.[3]
Deportivo da Coruña
editarPosteriormente pasou polo Turista,[4] o Santiago e a Ponferradina, e en maio de 1952 fichou polo Deportivo da Coruña, que militaba na Primeira División. Disputou só tres partidos no equipo coruñés. Debutou na vitoria da xornada 3 contra o Zaragoza no Estadio de Torrero (2-1), formando na dianteira xunto a Tino e Corcuera e disputou tamén os dous seguintes dous encontros: a vitoria pola mínima fronte á Real Sociedad en Riazor e o derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos (2-0). Trala derrota no derbi foi acusado xunto a Antonio González de se teren vendido ao Celta, e foron apartados do equipo polo adestrador Manuel Casals.[5][6] Pasou tamén parte do ano lesionado e tivo que ser operado, polo que tampouco puido xogar na parte final da tempada regular, con Fernando Fariña no banco.[7][8] Xa recuperado, permaneceu no equipo reserva durante a fase de permanencia, sen ter sido aliñado en ningún partido por Helenio Herrera.
Cultural Leonesa
editarNa tempada seguinte foi traspasado á Cultural Leonesa, da Segunda División. No equipo adestrado por Galarraga coincidiu con varios futbolistas galegos como Tomé, Quis, Ricardo e Barbeito, e na súa primeira tempada marcou 23 goles en 30 partidos, proclamándose máximo goleador da categoría, superando en cinco tantos ao segundo clasificado: Jaime Parés, do Zaragoza. Na tempada 1954/55 chegaron varios galegos máis (Barús, Moncho, Ponte, Serapio, Manolín e García) e o equipo logrou un histórico ascenso á máxima categoría.[9] Chas contribuíu con 13 goles, formando na dianteira xunto a Miche e Pueyo, e marcou, tras un pase de Macario, o histórico gol contra o Avilés que lle deu o ascenso ao club.[10]
Xa en Primeira División, perdeu protagonismo no equipo leonés coa chegada dende o Barcelona do famoso dianteiro César. Con todo, disputou 13 partidos de liga e dous de Copa, e marcou tres goles, na que foi a primeira e única tempada da Cultural na máxima categoría, descendendo ao remate da competición. A 1956/57 foi a súa cuarta e derradeira tempada en León, na que anotou 7 goles en 12 partidos. Ademais foi o autor do primeiro gol da historia no Estadio La Puentecilla, batendo ao gardameta do Athletic, Carmelo. Pechou o seu paso polo club leonés cun total de 85 partidos oficiais e 46 goles.
Jaén e Felguera
editarEn 1957 fichou polo Real Jaén, da Primeira División, no que non chegou a debutar, saíndo en xaneiro para Asturias, onde asinou co CP La Felguera, da división de prata. Debutou na xornada 17, nunha vitoria por 1-0 contra o Deportivo da Coruña, e acabou a campaña con oito goles, aínda que o equipo perdeu a categoría.
Turista
editarNo verán de 1958 regresou á súa cidade natal, fichando polo Turista.[11] Con este equipo rematou segundo no Grupo I da Terceira División, só por detrás do Ourense, e disputou a fase de ascenso a Segunda. Na primeira eliminatoria da promoción, o Turista eliminou ao Salamanca por un resultado global de 7-3, cun gol de Chas,[12][13] Na rolda final polo ascenso enfrontouse ao Rayo Vallecano, marcando un dos dous goles no empate 2-2 na ida en Barreiro,[14] e marcando tamén na volta, na que o seu equipo acabou goleado (6-1).[15] Xogou no equipo vigués durante catro tempada máis ata 1964.
Notas
editar- ↑ "Chas, el nuevo delantero centro deportivista". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 1952. p. 5.
- ↑ "Un delantero centro del Marín, al Atlético madrileño". El Correo Gallego (en castelán) (24313). 19 de marzo de 1950. p. 4. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Espero ser titular en la próxima temporada". La Noche (en castelán) (9739). 15 de maio de 1952. p. 3. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "G. Tarragona - Club Santiago". El Correo Gallego (en castelán) (24574). 24 de xaneiro de 1951. p. 4. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "5 minutos de charla con González". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 1952. p. 6.
- ↑ "¡Y por aquí sin enterarnos!". El Pueblo Gallego (en castelán) (9639). 26 de outubro de 1952. p. 3. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "Tiros a gol". La Noche (en castelán) (9908). 26 de novembro de 1952. p. 3. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "Fue operado el jugador deportivista Chas". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de marzo de 1953. p. 2. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "Deseo hacer un buen partido para demostrar que sirvo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1955. p. 4.
- ↑ "Aquel día en que León alcanzó el cielo" (en castelán). 11 de abril de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "Plantilla de jugadores para la próxima temporada" (en castelán) (11326). 28 de xullo de 1958. p. 12. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "El Turista derrotó estrepitosamente al Salamanca (6-1) en la eliminatoria de ascenso a Segunda División". La Noche (en castelán) (11756). 18 de maio de 1959. p. 8. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "El Turista eliminó al Salamanca, pese a perder ayer, dos a uno". La Noche (en castelán) (11762). 25 de maio de 1959. p. 4. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "Turista y Rayo Vallecano empataron en Barreiro (2-2)". El Pueblo Gallego (en castelán) (11692). 2 de xuño de 1959. p. 7. Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ "El Rayo Vallecano resolvió fácilmente la eliminatoria de promoción para su permanencia en Segunda División". La Noche (en castelán) (11774). 8 de xuño de 1959. p. 5. Consultado o 9 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).