Antonio José González Fernández

xogador de fútbol e hóckey a patíns galego

Antonio José González Fernández, nado na Coruña o 1 de febreiro de 1928 e finado na mesma cidade o 24 de novembro de 2001, foi un futbolista, pelotari, xogador de hóckey a patíns e dirixente deportivo galego.

Antonio González
Información persoal
Nome Antonio José González Fernández
Nacemento 1 de febreiro de 1928
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 24 de novembro de 2001
Lugar de falecemento A Coruña
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Varela Silvari SD
Unión Sportiva
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Xuvenil
1950–1953 Deportivo 19 (0)
1953–1955 Avilés 53 (0)
1955–1956 Sporting de Gijón 17 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Gran impulsor do hóckey a patíns en Galicia foi xogador do Deportivo da Coruña, tanto na súa desaparecida sección de hóckey como na de fútbol. Destacou especialmente como dirixente deportivo, sendo presidente do Deportivo (1965-1973), da Federación Galega de Patinaxe, da Real Federación Española de Patinaxe (1972-1984), fundador e primeiro presidente da CERS (1975-1982) e presidente durante case 50 anos da Unión Sportiva (1952-2001).

Formou xunto a seu irmán Pepe a primeira xeración dunha saga familiar de xogadores de hóckey, entre os que están os seus tres fillos Antonio Nonito, Ignacio e Jorge González, antigos xogadores do AA Dominicos, e os seus netos Jorge González, Antonio González e Ignacio Alabart, este último campión do mundo coa selección española.

TraxectoriaEditar

Como deportistaEditar

Naceu na Coruña, sendo fillo de Antonio González e Otilia Fernández, e realizou estudos mercantís, obtendo matrícula de honra.[1] Practicou numerosos deportes na súa xuventude: cesta punta, tenis, billar, tenis de mesa, atletismo, fútbol e hóckey a patíns.[2] Os seus primeiros equipos como futbolista foron o Varela Silvari SD e a Unión Sportiva de Santa Lucía.[3] Foi varias veces campión galego de cesta punta formando parella con seu irmán José Benito "Pepe",[4] e en 1950 disputou o Campionato de España, ao mesmo tempo que militaba no equipo de hóckey do Deportivo da Coruña, do que era o capitán e onde tamén xogaba seu irmán,[5][6] e no Deportivo Xuvenil de fútbol.[7]

A súa faceta futbolística espertou o interese de varios equipos como o Celta de Vigo ou o Atlético de Madrid,[8] fichando finalmente polo Deportivo da Coruña na tempada 1950-51. Xunto a el o club coruñés fichou a Corcuera, Oswaldo, Guillermo Gómez, José Millán e Juananco.[9] Tras algúns problemas co club, foi apartado do equipo e enviado de volta ao Xuvenil, volvendo ao Deportivo pouco despois.[10] Debutou en Primeira División o 14 de xaneiro de 1951 no derbi contra o Celta en Balaídos, que acabou con vitoria deportivista por 1-2.[11] Xogou un total de 19 partidos coa camisola branquiazul e en setembro de 1953 fichou polo Real Avilés, de Segunda División.[12] Xogou dúas tempadas en Avilés e outra no Sporting de Gijón, antes de retirarse do fútbol.

Como dirixente deportivoEditar

O 12 de xaneiro de 1952 converteuse no presidente da Unión Deportiva Santa Lucía, club que uns días despois recuperou o seu nome orixinal, Club Unión Sportiva.[13] Ocupou ese cargo ata a súa morte 49 anos despois.[3] En xaneiro de 1958 foi nomeado presidente da Federación Galega de Patinaxe.[14][15] Foi tamén directivo e secretario do Deportivo da Coruña e a comezos de 1959 actuou como adestrador provisional despois do despedimento de Ernesto Pons e ata a chegada de Hilario Marrero.[16] En 1962 o Trofeo Teresa Herrera estaba en perigo de desaparición e o alcalde da Coruña, Sergio Peñamaría de Llano, encargoulle a González a súa salvación. Este foi a Portugal e conseguiu que o Benfica, campión de Europa tras derrotar ao Real Madrid, cancelase a súa xira por Suíza e xogase en Riazor. O trofeo, onde venceu o Deportivo, foi todo un éxito e a recadación paliou as perdas anteriores.[17][18] Uns anos antes, González impulsara tamén a creación do Trofeo Teresa Herrera de hóckey a patíns.[15]

Presidía tamén o Deportivo Xuvenil no momento no que este se fusionou co Fabril.[19]

Ademais de presidir a Federación Galega de Patinaxe, foi dende 1962 vicepresidente da Federación Española. En 1964 conseguiu para a Coruña a celebración do Campionato de España de hóckey a patíns e anos despois faría o mesmo co Campionato do Mundo.[20] En abril de 1965 presentou a súa candidatura ás primeiras eleccións á presidencia do Deportivo da Coruña, que estaba pasando unha mala época tanto económica como deportivamente, tras descender á Segunda División despois dunha pésima tempada.[21] Na Xunta de Compromisarios, obtivo 55 votos, 12 máis que Pío García-Tizón e 44 máis que Manuel Sánchez-Candamio, e converteuse aos seus 38 anos no primeiro presidente electo do club coruñés.[22][23] Durante a súa presidencia o Deportivo conseguiu tres ascensos a Primeira e sufriu outros tantos descensos a Segunda. Creou ademais o Trofeo Conde de Fenosa, e conseguiu a participación nel do FC Torpedo Moscova da Unión Soviética, nun momento no que non había relacións diplomáticas entre os dous países.[17]

A finais de 1972 foi nomeado presidente da Federación Española de Patinaxe, converténdose no primeiro presidente non catalán do ente.[2] Debido a este nomeamento deixou a presidencia do Deportivo ao remate da tempada 1972/73.[24] Durante o seu mandato na Federación a selección española conquistou dous Campionatos do Mundo e tres subcampionatos e contribuíu a popularizar o hóckey a patíns fóra de Cataluña.[25] Ocupou o cargo ata o 29 de setembro de 1984.[26][27] En 1975 impulsou a creación da CERS, e converteuse no seu primeiro presidente, sendo reelixido en 1980 e dirixindo a institución ata 1982.[28][29]

Foi tamén presidente da Asociación de Ex Xogadores do Deportivo da Coruña e en 1987 foi nomeado presidente da nova Asociación de Fútbol Afeccionado.[30] Faleceu o 24 de novembro de 2001, seis días antes de data na que estaba prevista unha homenaxe da cidade da Coruña á súa traxectoria, e un mes e medio antes de cumprir 50 anos como presidente da Unión Sportiva.[4][31]

Vida persoalEditar

Casou o 30 de abril de 1955 con María Rosa Pereira Revuelta, coa que tivo catro fillos: Antonio Nonito, Ignacio, Jorge González e Dori.[32][33] Os seus tres fillos varóns foron xogadores do AA Dominicos, sendo o segundo deles vicepresidente da FEP e o CERS,[34] mentres que a súa filla casou con Kiko Alabart, xogador do HC Liceo. Tamén son xogadores de hóckey os seus netos Jorge González, Antonio González e Ignacio Alabart, este último internacional coa selección española.[25][35]

NotasEditar

  1. "Sociedad". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 11 de xullo de 1946. p. 2. 
  2. 2,0 2,1 "Los anteriores presidentes fueron todos catalanes". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 1 de decembro de 1972. p. 18. 
  3. 3,0 3,1 "Primer presidente elegido por votación". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 23 de decembro de 1969. p. 40. 
  4. 4,0 4,1 "Por amor al deporte". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 2001. p. 38. 
  5. Leiracha, Vicente (22 de xullo de 1952). "El Sintra H.C., de Portugal, ganador del torneo de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 4. 
  6. "Hace 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 1977. p. 39. 
  7. Vituco (27 de abril de 1950). "Un deportista polifacético". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 5. 
  8. "González marchó a Vigo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de agosto de 1950. p. 4. 
  9. "Real Club Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 29 de agosto de 1950. p. 4. 
  10. "5 minutos de charla con Antonio González". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de novembro de 1950. p. 3. 
  11. "Celta-Deportivo 1951". bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  12. "El ex deportivista González firmó Por el Avilés". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de setembro de 1953. p. 5. 
  13. "Recobra su primitivo nombre un club modesto". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1952. p. 44. 
  14. "Ficherías". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de setembro de 1963. p. 4. 
  15. 15,0 15,1 "5 minutos de charla con D. Antonio González, presidente de la F.G. de Patinaje". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de xaneiro de 1958. 
  16. "Ernesto Pons cesó ayer como entrenador deportivista". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de xaneiro de 1959. p. 5. 
  17. 17,0 17,1 "El salvador del Trofeo Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de marzo de 1994. p. 87. 
  18. "Superó al Benfica, flamante campeón de Europa: 4-2". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 1974. p. 36. 
  19. "Unos 30 socios asistieron a la asamblea general del Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 6 de decembro de 1962. p. 6. 
  20. "El presupuesto de los Campeonatos de España asciende a más de 250.000 pesetas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 5 de xuño de 1964. p. 4. 
  21. "Opinan los candidatos a la presidencia". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de abril de 1965. p. 6. 
  22. "O peor Dépor de todos os tempos". Nós Diario. 27 de outubro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  23. "Don Antonio González, nuevo presidente del Real Club Deportivo". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 27 de abril de 1965. p. 4. 
  24. "Antonio González habla de su gestión". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de xullo de 1973. p. 17. 
  25. 25,0 25,1 Varela, María (9 de decembro de 2015). "El eterno presidente". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  26. "En Novara, España inicia hoy el Mundial frente a EE.UU.". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de setembro de 1984. p. 38. 
  27. "Historia del patinaje". fep.es (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  28. "González, reeligido presidente de la Confederación Europea". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de abril de 1980. p. 52. 
  29. "González deberá dimitir para presentarse a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de novembro de 1981. p. 50. 
  30. "Nace en La Coruña la Asociación de Fútbol Aficionado, que prestará grandes servicios al R. C. Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de abril de 1987. p. 49. 
  31. "Fallece el ex-presidente del Deportivo, Antonio González". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 2001. p. 44. 
  32. "El jugador González, padre de un niño". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de maio de 1956. p. 4. 
  33. "De sociedad". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de maio de 1955. p. 5. 
  34. "Bautizos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de xuño de 1956. p. 4. 
  35. González, Jorge. "La saga de los González: una institución". Stickazo (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
José Luis Vázquez-Pena Núñez
 Presidente do Deportivo da Coruña 
1965−1973
Sucesor:
Manuel Sánchez-Candamio