Sanirión
Sanirión (en latín Sannyrion, en grego antigo Σαννυρίων) foi un poeta cómico ateniense dos últimos anos da comedia antiga e do inicio da comedia media. Foi contemporáneo de Diocles de Fliúnte e Fililio, segundo Suídas.
Biografía | |
---|---|
Morte | c. 370 a. C. ![]() |
Actividade | |
Ocupación | comediógrafo ![]() |
Movemento | Comedia antiga ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Traxectoria
editarFoi un dos que ridiculizou a pronuncia do actor Hexeloco nunha representación do Orestes de Eurípides, obra publicada no -408, e debía estar a comezar a súa carreira teatral cara ese ano. Algúns autores propoñen que viviu ata --370.
Sanirión tamén foi ridiculizado por Estratis na súa obra Κινησίας ("Kinesías"), e por Aristófanes no Γηρυτάδης (Gerytades), onde el, Meleto e Cinesias son enviados como embaixadores dos poetas ao Hades polo seu escaso peso, xa que os tres estaban moi delgados.
Suídas dá algúns títulos das súas comedias:
- Τέλως (Telos "propósito").
- Δαναη (Danae).
- Ἰώ (Ío).
- Ψυχασταί Psychastai.
Eudocia Makrembolitissa engade Σαρδανάπαλλος (Sardanàpalus)[1].
Notas
editar- ↑ Sannyrion en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 706
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Public and performance in the Greek Theatre de Peter D. Arnott (en inglés)