San Martiño de Lanzós, Vilalba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Coordenadas: 43°20′38″N 7°39′43″O / 43.3438619, -7.6620453
San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 532 habitantes (250 mulleres e 282 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.
San Martiño de Lanzós | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | Vilalba[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 532 hab. (2015) |
Entidades de poboación | 39[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
O señorío de Lanzós, na Idade Media, tomou parte activa na revolta irmandiña. Aínda se canta un romance que recorda a participación dos de Lanzós na revolta.
Ate hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira.
PatrimonioEditar
Restos arqueolóxicos da idade de bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no Adro. No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, xefe irmandiño.
No mesmo lugar do Adro érguese a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de San Martiño de LanzósEditar
Lugares da parroquia de San Martiño de Lanzós no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
O Adro | Bichicán | Biduído | Braínlle | Bustelo | As Cádevas | Caldas | Candorca | Carreiroa | Casa Lousada | O Cotelo | O Coto | O Curadoiro | Escairo | Os Febreiros | Ferreira | Ferreiroa | A Fontevella | Ladrela | Os Lagos | Lamelas | Meixonfría | Moreda | Muruxás | A Pallota | Paraños | O Pazo | O Pedrouzo | A Pereira | O Polo | Ramil | Redondo | O Rego | A Revolta | O Ribado | O Sisto | Touriño | Vilagondriz | Vilate |