Froitoso de Braga

(Redirección desde «San Froitoso»)

Froitoso de Braga[1], ou coa variante Frutuoso[1], foi un monxe e bispo galaico do século VII, finado en Braga o 16 de abril de 665. É venerado como santo pola Igrexa católica.

San Froitoso de Braga
Bispo e confesor
Biografía
NacementoFinais do século VI ou comezos do século VII en O Bierzo, Gallaecia ou Toledo, Hispania
Pasamento16 de abril de 665 en Braga
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade16 de abril
AtributosMonxe cun cervo

Traxectoria editar

Naceu no último decenio do século VI, ou primeiros anos do VII, no seo dunha familia da aristocracia visigoda, probablemente na corte de Toledo ou no Bierzo.

Coñécese da súa vida por san Valerio, un dos seus discípulos, monxe copista e escritor que a escribe a súa biografía inmediatamente logo da súa morte. Na obra Vita Sancti Fructuosi destácanse case unicamente os aspectos da vida monacal, esquecendo a súa actuación como bispo que houbo de ter grande importancia e a súa intervención na vida civil e relixiosa do goberno visigodo na Gallaecia e Hispania.

 
Mosteiro de San Pedro de Montes no Bierzo, fundado por Froitoso de Braga.

En 1102 o bispo Diego Xelmírez levou da igrexa de Rebordáns (Tui) as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, onde foi enterrado solemnemente na cripta da catedral, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga.[2]

A catedral de Compostela celebra a solemnidade litúrxica da translación o 16 de decembro. Actualmente o santo pode ser venerado na capela das Reliquias.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 
  2. "La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003 (en castelán).