Francisco Xavier

(Redirección desde «San Francisco Xavier»)

Francisco Xavier[1], ou Francisco Xabier[1], nado o 7 de abril de 1506 e finado o 3 de decembro de 1552, é un santo navarro, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

San Francisco de Xavier S.I.
Biografía
Nacemento7 de abril de 1506 en Xabier, Reino de Navarra
Proceso de canonización
Veneración
As viaxes de Francisco Xabier

Traxectoria editar

Inicios editar

Nado no castelo de Xabier o 7 de abril de 1506 no, daquela independente, Reino de Navarra, pertencía a unha familia de liñaxe, perdedora e represaliada na guerra de anexión á coroa española. Foi estudar a París. Alí coñeceu a Ignacio de Loiola quen activou nel un proceso de conversión. Francisco Xabier desprezou o que fora o seu afán de prestixio académico e prosperidade e realizou con outros cinco compañeiros os chamados votos de Montmatre de pobreza, castidade e obediencia ao Papa. Axudou a Ignacio de Loiola a redactar a primeira constitución da Compañía de Xesús.

Viaxes editar

Marchou á India, chagando tras un duro viaxe de trece meses a Goa. No accidentado periplo pacificou liortas e coidou dos enfermos, pois se desencadeara unha epidemia de escorbuto que fixo do seu camarote unha enfermería.

Asemade chegou a Goa, comezou a predicar o evanxeo entre os pescadores de perlas pobres. Adicábase a atender enfermos, leprosos, escravos, presos e moribundos e, a finais de 1544, bautizou a uns dez mil pescadores. Converteu á tribo dos Paravas, pero fracasou coa casta superior dos brahamanes. Describía o sufrimento dos nativos a mans dos portugueses como unha espiña que levo constantemente no corazón. Ao rei de Portugal escribiulle que moitos conversos ían volver ao paganismo escandalizados e desalentados polas inxustizas e vexacións que impoñen os oficiais da Vosa Maxestade. Noutra carta, falando dos abusos dos europeos dicía: estou aterrado ante o número de inflexións novas que se dan aquí ao verbo roubar. Tiña unha especial atención polos nenos e para eles adaptaba as verdades do cristianismo á música popular.

En 1544 marchou para Madrás e as Molucas onde fundou misións. En 1549 sucou o Pacífico ata o daquela misteriosoXapón onde conseguiu uns froitos discretos. Varios samurais convertéronse ao cristianismo o que provocou duras reaccións dos potentados nipóns. En 1551 volveu á India e, un ano despois, saíu cara á China, onde xa fixera escala en anteriores viaxes. Enfermo durante o traxecto, na súa agonía pronunciaba verbas indescifrables para os acompañantes, probablemente no seu éuscaro natal. Finalmente faleceu o 3 de decembro de 1552 na illa de Shang Chuang aos 46 anos de idade. O seu cadáver foi sepultado na igrexa do Bom Xesús, lugar aínda hoxe de peregrinación.

O home editar

Francisco Xabier estudaba as linguas locais dos pobos evanxelizados, aprendía os seus costumes e relixión. Denunciou repetidamente os abusos dos colonizadores portugueses e despregou un infatigable labor a prol dos desfavorecidos. Cos colonos afastados da moral sexual cristiá amosou tacto e comprensión. As cartas sobre as súas actividades distribuíanse por Europa, o que incentivou un espírito misioneiro mesturado de aventura e exotismo, de entusiasmo e misticismo. Nelas revela un carácter sacrificado, hiperactivo, observador, preocupado pero fondamente feliz. Deixou ao redor de 1500 escritos. Documentos valiosos para entender a Cultura e a Historia do Extremo Oriente.

Foi beatificado por Paulo V en 1619 e canonizado por Gregorio XV en 1622, o mesmo día que Ignacio de Loiola, Filipe Neri, Tareixa de Ávila e Isidro Labrador

  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.