Salvador Etcheverría Brañas

avogado e diplomático galego

Salvador Etcheverría Brañas, nado en Ferrol o 22 de maio de 1894 e finado en París o 23 de setembro de 1957, foi un avogado e diplomático galego.

Infotaula de personaSalvador Etcheverría Brañas
Biografía
Nacemento22 de maio de 1894 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de León
14 de setembro de 1933 – 20 de decembro de 1933
← Francisco Valdés Casas (en) TraducirMariano Menor Poblador (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , diplomático , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Republicana (España 1934) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Único fillo de Germán Etcheverría Vila e Rosa Brañas García. Aínda que nado en Ferrol, a súa casa familiar estaba no lugar da Peneda (Abegondo). Estudou nos xesuítas de Pontevedra e nos escolapios de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1917). En 1924 comezou a súa intervención política, coa oposición á ditadura de Primo de Rivera. Traballou pola República ata comezos de 1930, fundando a Organización Republicana Gallega Autónoma e incorporándose despois ao Partido Radical-Socialista, fundando os comités municipal de Abegondo, provinciais e rexional de Galicia do partido. Durante 1932 e 1933 foi gobernador civil da provincia de León. Ao escindirse o Partido Radical-Socialista, foi fundador da Unión Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas na Coruña o 24 de agosto, permanecendo no cárcere até o día 29 que pasou a arresto domiciliario. Transcorrido un tempo, foille imposta unha multa de 5 000 pesetas. O 11 de decembro foi novamente detido polas Milicias Armadas Cabaleiros da Coruña, que o retiveron nos calabozos de Falanxe e posteriormente foi ingresado na Prisión provincial. Neses días comisaron documentos na súa casa e espoliaron a súa biblioteca. Un influente amigo xesuíta da familia conseguiu un permiso de excarceración e o 31 de decembro, que Salvador aproveitou para saír por Portugal o 1 de xaneiro de 1937 con destino a Cuba.

En Cuba dedicouse á diplomacia ao servizo da República: foi secretario de Embaixada na Habana en maio de 1937, secretario de Embaixada en México en agosto de 1937, cónsul de Veracruz ata agosto de 1938 (onde desempeñou un importante papel no envío de armas á República), encargado de negocios na República Dominicana. Rematada a guerra civil foi nomeado Embaixador en Guatemala ata 1947. En 1953 foi Embaixador na República de México. En 1955 trasladouse a París como Ministro de Información, Propaganda e Arquivos do goberno que presidía Félix Gordón Ordás. Aquí tivo como secretario particular a Javier Alvajar López.

Morreu en París o 23 de setembro de 1957, cando se estaban realizando os preparativos para o encontro coa súa familia residente en España.

Vida persoal editar

Casou con María del Carmen Vázquez de Hermida e foi pai de Carmen, Salvador, Margarita, Lourdes, Germán, Esther, Encarna, María Josefa, Carlos e Marisa Etcheverría Vázquez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar