Salva Kiir Mayardit

Salva Kiir Mayardit,[1][2] nado en Bahr al-Ghazal o 13 de setembro de 1951, é un político sursudanés, membro da etnia dinka e presidente de Sudán do Sur desde o 30 de xuño de 2005.[3]

Infotaula de personaSalva Kiir Mayardit

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(din) Salva Kiir Kuethpiny Mayardit Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Bahr el Ghazal (Sudán Anglo-Exipcio) Editar o valor em Wikidata
Minister of Cabinet Affairs (en) Traducir
2018 – 2019
Minister of Higher Education (en) Traducir
2017 – 2018
Minister of Higher Education (en) Traducir
2017 – 2017
Minister of Health of South Sudan (en) Traducir
2015 – 2015
Presidente de Sudán do Sur
9 de xullo de 2011 –
← sen valor
Minister of Higher Education (en) Traducir
2011 – 2011
Vice President of Sudan (en) Traducir
11 de agosto de 2005 – 9 de xullo de 2011
President of Southern Sudan (en) Traducir
30 de xullo de 2005 – 9 de xullo de 2011
← John GarangSupresión do cargo →
Vice President of South Sudan (en) Traducir
9 de xullo de 2005 – 30 de xullo de 2005
Vice-President of Southern Sudan (en) Traducir
9 de xullo de 2005 – 11 de agosto de 2005 – Riek Machar (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSudán do Sur (2011–)
Sudán (1951–2011) Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Juba
Khartún Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoExército Popular de Libertação do Sudão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira Guerra Civil Sudanesa (pt) Traducir e Segunda Guerra Civil Sudanesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMary Ayen Mayardit

Twitter: PresidentKiir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro fundador do Exército Popular de Liberación de Sudán (SPLA), foi elixido polos dirixentes do SPLA para continuar co proceso de paz que formalmente puxo fin á segunda guerra civil sudanesa en xaneiro de 2005. Do mesmo xeito que Garang, provén da tribo dinka, a máis numerosa no sur de Sudán, mais pertencente a un clan diferente.

Na década de 1960, Kiir uniuse aos rebeldes do sur na primeira guerra civil sudanesa.

Presidente do Goberno Autónomo editar

Tras a morte de John Garang a finais de xullo de 2005, substituíuno como vicepresidente de Sudán (11 de agosto de 2005) e presidente do goberno autónomo de Sudán do Sur (o cargo de vicepresidente pasou a Riak Machar).

Cando se abriu o consello lexislativo de Sudán do Sur en Juba (setembro 2005) estivo presente e en outubro anunciou a formación dun goberno. En novembro produciuse unha escisión no SPLM pola disputa da presidencia do parlamento entre Minni Arkou Minnawi (que foi elixido) e Abdelwahid Mohamed en-Nour, e Kiir logrou un compromiso entre as dúas faccións. En decembro de 2005 asinou a constitución de Sudán do Sur.

Presidente da República editar

Kiir foi reelixido presidente co 93 % dos votos nas eleccións sudanesas de 2010.[3] Aínda que a votación tanto a nivel nacional como subnacional, foi criticada por activistas democráticos e observadores internacionais, a esmagadora marxe gañadora da reelección Kiir foi sinalada por algúns medios de comunicación como o "Primeiro Paso" no proceso de secesión de Sudán.[4] Despois da súa reelección, Omar al-Bashir reelixiu a Kiir como o seu vicepresidente de acordo coa constitución provisional.[5]

Tras o referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011, Kiir foi confirmado como o primeiro presidente do novo país.

Notas editar

  1. "Salva Kiir: South Sudan's president in a cowboy hat". BBC News (en inglés). 3 de xaneiro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  2. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 elEconomista.es (26 de abril de 2010). "Salva Kiir reeelecto presidente de Sudán del Sur - EcoDiario.es". ecodiario.eleconomista.es (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  4. Gettleman, Jeffrey (26 de abril de 2010). "Bashir Wins Election as Sudan Edges Toward Split". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  5. "Fresh fighting between JEM rebels and Sudanese army in Darfur". Sudan Tribune (en inglés). 22 de xuño de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2022. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar