Sabadelle, Sabadelle, O Pereiro de Aguiar
San Martiño de Sabadelle é un lugar da parroquia da Sabadelle no concello ourensán do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense. Tiña 232 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 112 eran homes e 120 mulleres. Debe o seu nome ó santoral, San Martiño -compartido con máis de 2.200 municipios galegos- [1] e ó liñaxe familar do fundador da aldea [2].
San Martiño de Sabadelle | |
---|---|
Parroquia | Sabadelle |
Concello | O Pereiro de Aguiar |
Poboación | 232 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e fundaciónEditar
Don Rodrigo Aras, cabaleiro de Aguiar (Pereiro de Aguiar), e popularmente coñecido como o fundador da aldea, coa súa muller Aldonza Rodríguez de Sabadelle recibe o 7 de abril de 1299 o foro do mosteiro de Rochas sobre o casal de O Campo. O 11 de xuño de 1301 merca unha leira de castiñeiros situados no actual Sabadelle e establece alí o seu fogar [2].
DemografíaEditar
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
243 | 257 | 259 | 257 | 247 | 253 | 258 | 265 | 252 | 249 | 243 | 249 | 250 | 244 | 243 | 241 | 240 | 239 | 232 |
Patrimonio históricoEditar
O cruceiro de Sabadelle está composto por baste, fuste, capitel e cruz, ademais de contar con pequenas esculturas e ornamentacións. Estas son máis simbólicas que decorativas, e as esculturas ou relevos son sobre temas relixiosos. Está situado nunha encrucillada, un lugar polo que adoitan pasar os cadaleitos. É un elemento post-románico ben conservado que xurdiu polo afán de imitar ás cruces procesionais.
A igrexa de San Martiño de Sabadelle é de planta románica. Consta dunha nave e dun amplo plesbiterio. Durante o ano 1847 cambióuselle a fachada de leste a oeste. A súa actual porta principal é de dobre arquivolta sobre semiculumnas acaroadas. A súa portada está apoiada sobre columnas en xambas. Ten tamén un tímpano liso con dous corpos; o primeiro con dous arcos para as dúas campás e a segunda cun só, do que xorde unha estrutura con forma piramidal e unha cruz. No seu interior atopamos un sepulcro do século XVI e elementos de influencia mudéxar [3].
O pazo A Fronteira erixiuse nos séculos XVI e XVII. Consta dunha construción popular e ten un gran muro de pedra que bordea todo o pazo. É un edificio a catro augas do que se elevan dous faiados da parte central. Xunto ó edificio hai unha torre con dous andares, con tellados a catro augas e con ventás alinteladas. Tamén atopamos un hórreo e un gran pombal aínda conservados a día de hoxe en bo estado.
No cruzamento da estrada que vai dende o pobo cara Tibiás atopámonos cun peto -unha pequena construción con relieve-, no que se representan as "ánimas" no purgatorio, no que se poden depositar esmolas.
ServizosEditar
Os servizos mínimos como a educación e a sanidade non están cubertos. Respecto ó primeiro, os nenos e nenas do pobo deben acudir ó CEIP Pluríngüe Ben-Cho-Shey, situado no Lugar de Cortiñas. O centro médico máis preto está no Pereiro.
Ao non contar con establecementos, a panadería de Velle recorre as rúas do pobo todos os días cunha furgoneta. A froitería, carnicería e panadería empregan o mesmo método, acercándose ata dúas veces por semana.
Festa popularEditar
A festa tradicional popular na honra de San Martiño celébrase todos os anos durante a primeira quincena do mes de novembro, estando organizadas por unha comisión de veciños que se rota cada dous anos. Teñen lugar na cancela habilitada tras o edificio do bar da comisión. As festas son sufragadas polos veciños, que asumen unha cuantía fixa por vivenda.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de SabadelleEditar
Lugares da parroquia de Sabadelle no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense) | |
---|---|
Lagocios | Parada | Sabadelle | San Benito da Veiga | Seoane | Vilaboa | Xubande |
Parroquias do Pereiro do AguiarEditar
NotasEditar
- ↑ "¿Por qué san Martiño es patrono del «veroño» y de 2.236 lugares gallegos?". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-11. Consultado o 2019-05-17.
- ↑ 2,0 2,1 "Genealogía del linaje Sabadelle, s. XIII - XIV". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2019-05-17.
- ↑ "Igrexa de San Martín de Sabadelle". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-17.