STS-63

misión do transbordador espacial Discovery

STS-63 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 3 de febreiro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-63
Lanzamento da misión STS-63.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento3 de febreiro de 1995, 5:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión8,27 días[6]
Obxectivo da misiónDespregue de varios obxectivos ODERACS para radar, observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-204, aproximación á estación espacial Mir.[3][6]
Regreso11 de febreiro de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-004A

Características editar

STS-63, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas e practicar aproximacións á estación espacial Mir de cara a futuros acoplamentos entre transbordadores e a estación. A tripulación estaba formada polo comandante James D. Wetherbee, a piloto Eileen M. Collins e os especialistas de misión C. Michael Foale, Janice E. Voss, Bernard A. Harris e Vladimir G. Titov.[3][5][6][7]

A máxima aproximación entre o Discovery e a Mir foi de algo máis de 10 metros. A comunicación por radio entre o transbordador e a estación estableceuse moito antes, con Titov (que habitou a estación durante un ano) podéndose comunicar cos tres cosmonautas de a bordo, Alexander Viktorenko, Elena Kondakova e Valeri Poliakov. Na STS-63 voou a primeira muller piloto do transbordador e durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dun afroamericano. A bordo tamén ía o segundo astronauta ruso en viaxar nun transbordador estadounidense. A tripulación liberou o observatorio SPARTAN-204 para facer observacións no ultravioleta e posteriormente recuperalo e traballou no laboratorio Spacehab 3, situado na bodega de carga e con 20 experimentos a bordo. Tamén liberaron seis esferas do experimento ODERACS-II para axudar na calibración de radares terrestres e caracterizar o comportamento da lixo espacial de tamaño menor a dez centímetros.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1995.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 25 de xullo de 1995: 10. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (30 de decembro de 2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar