SPAL

(Redirección desde «SPAL 1907»)

A Società Polisportiva Ars et Labor, máis coñecida como SPAL, é un club de fútbol italiano con sede en Ferrara. Milita na Serie B, a segunda categoría do fútbol italiano. Fundado en 1907, dende 1928 disputa os seus partidos como local no estadio Paolo Mazza, que leva o nome de Paolo Mazza (presidente do club entre 1946 e 1977). En total, o SPAL participou en 24 tempadas da Serie A e en 27 da Serie B. O mellor resultado histórico do club foi o quinto posto na Serie A 1959/60. Ao ano seguinte acadou a final da Copa Italia.

SPAL
NomeSocietà Polisportiva Ars et Labor
Alcume(s)Gli Spallini
I Biancazzurri
Gli Estensi
Fundación1907
EstadioPaolo Mazza
Ferrara, Italia
Inauguración1928
Capacidade16.134
Presidente Joe Tacopina
AdestradorItalia Roberto Venturato
LigaSerie B
2021/2215º
Na rede
https://www.spalferrara.it/
Facebook: SpalCalcioFerrara Twitter: spalferrara Instagram: spalferrara Youtube: UCBNCQ0dyPmc4RZVFQdXuRvw Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia editar

Desde a fundación ata a segunda guerra mundial editar

O club foi fundado en Ferrara en marzo de 1907 como Circolo Ars et Labor polo sacerdote salesiano Pietro Acerbis. Nos seus inicios era principalmente unha asociación cultural e relixiosa, ata que en 1913 converteuse nun club polideportivo, tomando o nome de Società Polisportiva Ars et Labor (SPAL). O equipo comezou a súa actividade profesional baixo o auspicio da Federación Italiana de Fútbol en 1919, competindo no torneo de segunda categoría.

Militou na máxima categoría de 1920 a 1925, chegando ao playoff de clasificación para as finais nacionais na tempada 1921/22. Desde 1925 ata a segunda guerra mundial, militou na Serie B e na Serie C. Durante este período destacaba no club Mario Romani, máximo dianteiro histórico do club con 130 goles en 189 partidos. Entre 1939 e 1943 o club cambiou temporalmente o seu nome a AC Ferrara, vestindo as cores branco e negro da cidade. Trala suspensión dos campionatos por mor da guerra, en 1945 o club volveu ao nome de SPAL e aos equipamentos celeste e branquiazuis.

O período dourado na Serie A editar

 
Fabio Capello co SPAL en 1966.

En 1946 Paolo Mazza converteuse no presidente do club. Despois de cinco tempadas consecutivas na Serie B, o SPAL gañou o ascenso á Serie A despois de rematar primeiro na tempada 1950/51. O equipo branquiazul mantívose na máxima división durante a maior parte das décadas de 1950 e 1960, disputando 16 das 17 tempadas da Serie A de 1951 a 1968.

Na campaña 1959/60 conseguiu o mellor resultado en liga da súa historia, acabando quinto. Dous anos despois, na tempada 1961/62 acadou a final da Copa Italia, que acabou perdendo diante do Napoli. Durante esa época saíron da canteira do club futbolistas que logo conseguiron éxito noutros clubs como Fabio Capello.

Na tempada 1963/64 o SPAL caeu á Serie B, pero só un ano despois regresou á máxima categoría, na que se mantivo ata 1968. Ese mesmo ano proclamouse campión da Copa da Amizade Italo-Suíza.

Dende os anos 70 ata o século XXI editar

 
Seareiros do SPAL celebrando un gol en 1992.

Durante as décadas de 1970, 1980 e 1990 o SPAL xogou principalmente na Serie B e na Serie C/C1. Paolo Mazza deixou a presidencia en decembro de 1976 e foi substituído por Primo Mazzanti. O antigo presidente morreu en decembro de 1981 e tres meses despois o Stadio Comunale de Ferrara foi rebautizado co seu nome.

A partir de 1990, con Giovanni Donigaglia como presidente e Giovan Battista Fabbri como adestrador, o club logrou ascensos consecutivos dende a Serie C2 á Serie B.

Últimos anos editar

O club quebrou en 2005,[1] e foi refundado como SPAL 1907 Srl.[2] No verán de 2012, tras sufrir unha segunda quebra, o club foi refundado por segunda vez como Società Sportiva Dilettantistica Real SPAL e comezou a súa nova vida na Serie D.[3][4]

Ao final da tempada 2012-13 o club retomou o seu nome orixinal. En xullo de 2013, o club acordou unha fusión co Giacomense, dando lugar ao SPAL 2013. Na 2015/16, o equipo conseguiu o ascenso á Serie B por primeira vez desde a tempada 1992/93, tras quedar primeiro no grupo B da Lega Pro. Ao ano seguinte proclamouse campión da Serie B, logrando así o ascenso á Serie A tras 49 anos de ausencia.[5] O equipo mantívose na máxima categoría ata 2020, cando caeu de novo á Serie B. Na seguinte campaña acadou os cuartos de final da Copa Italia.

Cores e símbolos editar

As cores do equipo son o azul claro e o branco, que derivan do emblema dos salesianos. O equipamento como local, dende 1962, consiste nunha camiseta de raias verticais brancas e azuis, e pantalóns e medias brancas.

O escudo actual é de forma ovalada, con fondo azul claro e cunha banda branca na parte superior, na que está escrito o acrónimo SPAL en caracteres dourados. Na parte inferior aparece o emblema branco e negro da cidade. Desde 1980 e ata mediados da década de 1990, o escudo oficial contiña tamén un cervo, outro dos símbolos do club.

Estadio editar

 
Vista interna do estadio Paolo Mazza en 2018.

O SPAL xoga os seus partidos como local no estadio Paolo Mazza, con capacidade para 16.134 espectadores. Foi inaugurado en setembro de 1928 co nome de Stadio Comunale, e recibiu o seu nome actual en febreiro de 1982, en homenaxe ao expresidente do club Paolo Mazza, falecido dous meses antes. Anteriormente o club xogaba no Campo di Piazza d'Armi.

Xogadores editar

Capitáns editar

 
Nome Anos
  Giovanni Emiliani 1950–53
  Marcello Castoldi 1953–54
  Edoardo Dal Pos 1954–59
  Oscar Massei 1959–61
  Sergio Cervato 1961–65
  Oscar Massei 1965–68
  Carlo Dell'Omodarme 1968–69
  Enrico Cairoli 1969–73
  Lucio Mongardi 1973–75
  Sergio Reggiani 1975–76
  Ottavio Bianchi 1976–77
  Franco Pezzato 1977–79
  Mauro Gibellini 1979–81
  Rosario Rampanti 1981–82
  Mirco Brilli 1982–83
 
Nome Anos
  Giuseppe De Gradi 1983–85
  Elio Gustinetti 1985–86
  Fabio Perinelli 1986–87
  Arturo Vianello 1987–88
  Massimo Pellegrini 1988–89
  Francesco Cini 1989–90
  Franco Fabbri 1990–91
  Giuseppe Brescia 1991–93
  Andrea Mangoni 1993–94
  Giuseppe Brescia 1994–96
  Eugenio Sgarbossa 1996–97
  Fausto Pari 1997–98
  Alfonso Greco 1998–99
  Massimo Gadda 1999–00
  Emanuele Cancellato 2000–02
 
Nome Anos
  Cristian Servidei 2002–02
  Francesco Zanoncelli 2002–03
  Manuel Milana 2003–06
  David Sesa 2006–08
  Luis Fernando Centi 2008–09
  Marco Zamboni 2009 –12
  Davide Marchini 2012–13
  Massimiliano Varricchio 2013–14
  Nicolas Giani 2014–17
  Luca Mora 2017–18
  Mirco Antenucci 2018–19
  Sergio Floccari 2019–21
  Francesco Vicari 2021–22
  Salvatore Esposito 2022–23

Presidentes editar

Nome Anos
  Don Pietro Acerbis 1907–11
  Conte Buosi 1911–12
  Aminta Gulinati 1912–15
  Antonio Santini 1919–21
  Enrico Bassani 1921–24
  Gaetano Ridolfi 1924–27
  Giannino Bonfiglioli 1927–28
  Activado. Ferri 1928–31
  Giuseppe Turbiani



  Carlo Osti
1931–32
  Comm. Gandini 1932–33
Nome Anos
  Umberto Barbe
  Giulio Divisi
1933–34
  Luigi Orsi 1934–35
  Giovanni Argazzi 1935–36
  Nino Fiorini 1936–37
  Angelo Vissoli 1937–39
  Annio Bignardi 1939–41
  Augusto Caniato 1941–43
  Edmondo Bucci 1945–46
  Paolo Mazza 1946–77
  Primo Mazzanti 1977–85
  Giorgio Rossatti 1985–86
Nome Anos
  Francesco Nicolini 1986–89
  Albersano Ravani 1989–90
  Giovanni Donigaglia 1990–96
  Vanni Guzzinati 1996–97
  Giovanni Donigaglia 1997–02
  Lino Di Nardo 2002–05
  Gianfranco Tomasi 2005–08
  Cesare Butelli 2008–12
  Roberto Ranzani 2012–13
  Walter Mattioli 2013–21
  Joe Tacopina 2021–

Adestradores editar

 
Nome Nacionalidade Anos
Carlo Marchiandi   1919–1922
Armand Halmos   1922–1923
Giuseppe Ticozzelli   1923–1924
Walter Alt   1924–1927
Carlo Osti

Carlo Marchiandi
 

 
1927–1928
Béla Károly   1928–1929
György Hlavay   1929–1931
Francesco Mattuteia
Adolf Mora Murer
 
 
1931–1932
Walter Alt   1933–1934
Mihály Balacics   1934–1935
György Hlavay
Guido Testolina
 
 
1935–1936
Paolo Mazza   1936–1937
Euro Riparbelli   1937–1939
Paolo Mazza   1939–1942
Giorgio Armari
Bruno Maini
 
 
1942–1943
József Viola   1945–1946
Guido Testolina   1946–1947
Giuseppe Marchi   1947–1948
Bruno Vale   1948–1949
Antonio Janni   1949–1954
Bruno Biagini   1954–1955
Fioravante Baldi   1955–1956
Paolo Tabanelli   1956–1958
Fioravante Baldi   1958–1960
Serafino Montanari   1960
Luigi Ferrero   1960–1961
Serafino Montanari   1961–1963
Aurelio Marchese   1963
Giacomo Blason   1963–1964
Giovan Battista Fabbri   1964
Francesco Petagna   1964–1968
Serafino Montanari   1968–1969
Giovan Battista Fabbri   1969
Tito Corsi   1969–1970
Cesare Meucci   1970–1972
Eugenio Fantini   1972
Mario Caciagli   1972–1975
Guido Capello   1975
Francesco Petagna   1975
Umberto Pinardi   1975–1976
Guido Capello   1976
Giovanni Ballico   1976
Ottavio Bugatti   1976–1977
Luis Suárez   1977
Mario Caciagli   1977–1980
Battista Rota   1980–1982
Ugo Tomeazzi   1982
 
Nome Nacionalidade Anos
Gaetano Salvemini   1982
Giovanni Seghedoni   1982–1983
Giovanni Galeone   1983–1984
Giancarlo Danova   1984
Giovanni Galeone   1984–1986
Ferruccio Mazzola   1986–1987
Giancarlo Cella   1987
Giovan Battista Fabbri   1987–1988
Giorgio Veneri   1988
Francesco Paolo Specchia   1988–1989
Luciano Magistrelli   1989–1990
Nello Santin   1990
Paolo Lombardo   1990–1991
Giovan Battista Fabbri   1991–1992
Rino Marchesi   1992–1993
Giovan Battista Fabbri   1993
Gian Cesare Discepoli   1993–1995
Vincenzo Guerini   1995
Salvatore Bianchetti   1995–1997
Alfredo Magni   1997
Gianni De Biasi   1997–1999
Giancarlo D'Astoli   1999–2000
Alessandro Scanziani   2000
Mauro Melotti   2000–2001
Fabio Perinelli   2001–2002
Mauro Melotti   2002
Walter De Vecchi   2002
Giuliano Sonzogni   2002–2003
Gian Cesare Discepoli   2003–2004
Massimiliano Allegri   2004–2005
Paolo Beruatto   2005–2006
Walter Nicoletti   2006
Leonardo Rossi   2006–2007
Francesco Buglio   2007–2008
Roberto Labardi   2008
Angelo Alessio   2008
Aldo Dolcetti   2008–2009
Egidio Notaristefano   2009–2011
Gian Marco Remondina   2011
Stefano Vecchi   2011–2012
David Sassarini   2012–2013
Leonardo Rossi   2013
Massimo Gadda   2013–2014
Oscar Brevi   2014
Leonardo Semplici   2014–2020
Luigi Di Biagio   2020
Pasquale Marino   2020–2021
Massimo Rastelli   2021
Pep Clotet   2021–2022
Roberto Venturato   2022–

Palmarés editar

Notas editar

  1. "Who are SPAL? The incredible rise of Serie A’s new boys as club prepare for first top-flight fixture since 1968" (en inglés). 18 de agosto de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  2. "COMUNICATO UFFICIALE N. 66/A" (PDF). Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  3. "La Ficg oggi iscrive la Real Spal in serie D" (en italiano). 8 de agosto de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  4. "Real Spal al primo giorno di 'scuola': "Tornerà ai livelli che le competono"" (en italiano). 3 de agosto de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  5. "Spal da leggenda, è campione della serie B" (en italiano). 19 de maio de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar