Sônia Braga

actriz brasileira

Sônia Maria Campos Braga, nada en Maringá (Estado do Paraná) o 8 de xuño de 1950, é unha actriz brasileira con cidadanía estadounidense, que comezou a ser coñecida internacionalmente após o filme Dona Flor e seus dois maridos de Bruno Barreto.[1] É irmán da actriz Ana Braga e tía de Alice Braga.

Infotaula de personaSônia Braga

(2002) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Maringá (Brasil) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor em Wikidata -
LinguaPortugués do Brasil e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonio Guerreiro (1976–1978)
IrmánsAna Braga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAlice Braga (pt) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websoniabragaonline.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000968 Allocine: 488 Rottentomatoes: celebrity/sonia_braga Allmovie: p8009 TCM: 20989 TV.com: people/sonia-braga
Twitter: bragasonia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Quinta de sete fillos, perdeu ao seu pai cando só tiña oito anos. Antes de intentar unha carreira artística, traballou como secretaria, e máis tarde estudou como actriz de teatro. O seu debut foi nun programa de televisión infantil, O Jardim Encantado, tras o que participou no musical Hair con dezanove anos, en 1969.

Carreira editar

Co paso dos anos gañou a reputación de icona sexy brasileira polas escenas de alto contido erótico nalgunhas películas nas que protagonizou; no seu país de orixe alcanzou a popularidade de facto sobre todo coa transposición televisiva (1975) e despois en cinema (1983) da novela Gabriela, cravo e canela de Jorge Amado, e posteriormente con Vida e milagres de Tieta de Agreste en 1996.

Sonia trasladouse posteriormente aos Estados Unidos de América, onde protagonizou diversas películas, entre as que destacan Kiss of the Spider Woman (1985) de Héctor Babenco, onde actuou xunto a Raúl Juliá (xunto a quen actuaría de novo no derradeiro filme de Juliá, no que interpretou a Chico Mendes), e Milagro (1988) de Robert Redford, actor co que tivo unha longa relación afectiva. Tivo papeis protagonistas nas telenovelas Dancin' Days (1978) e Samba d'amore (1980); tamén foi estrela convidada na serie de televisión estadounidense The Cosby Show (1986), Sex and the City (2001) e Alias (2005). En 2017 participou en Aquarius, o seu primeiro filme brasileiro en quince anos, que foi proxectada no Teatro García Barbón de Vigo, e de novo coa retrospectiva sobre o director Kleber Mendonça Filho no Festival de Cans.[2][3][4]

Entre varios premios recibiu o Platino e foi nomeada a dous Globos de Ouro e un BAFTA.

Notas editar

  1. (EN) Sonia Braga - Biography, su imdb.com. URL consultato il 15 aprile 2017.
  2. "Sonia Braga ; Olhaparo". Consultado o 2022-12-29. 
  3. "Sonia Braga protagoniza una de las proyecciones del festival de cine". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-05-10. Consultado o 2022-12-29. 
  4. "O Festival de Cans comezou este xoves a súa edición máis internacional cunha retrospectiva sobre Kleber Mendonça Filho". ECG. Consultado o 2022-12-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.