Sínfilos
Sínfilos Symphyla | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Scutigerella immaculata | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
A dos sínfilos (Symphyla) é unha clase artrópodos mandibulados do subfilo dos miriápodos, similares aos insectos nalgúns aspectos, pero con moitos caracteres que os diferencian destes.
De pequeno tamaño (de 0,5 a 8 mm de lonxitude), habitan en lugares húmidos. Coñécense entre 160[1] e 200[2] especies.
Son de corpo brando e posúen 12 pares de patas.
Diferéncianse doutros miriápodos por presentaren un segundo par de maxilas fusionadas nun labio complexo (o que, por outra parte, aseméllaos a algúns insectos primitivos).
Características
editarOs sínfilos son de cor branca, aspecto fráxil e delicado, co corpo constituído, como nos demás miriápodos, por dous tagmas ou rexións: cabeza e tronco.
A cabeza posúe un par de antenas, un par de órganos de Tömösvary, un par de mandíbulas e dous pares de maxilas, o segundo deles coas maxilas fusionadas entre si para formaren un labio. Na cabeza desembocan tamén os espiráculos (un par) das traqueas.
O tronco presenta de 15 a 22 placas tergais, estando os esternitos moi reducidos. Posúen 12 pares de patas de catro artellos, aínda que, ao naceren, contan tan só con seis pares.
O tronco termina nun par de fierias, unhas estruturas cónicas que segregan seda. Os gonóporos (poros xenitais) desembocan no terceiro segmento.
Carecen de ollos, e as súas longas antenas sérvenlles como órganos dos sentidos. Presentan varias características que os asemellan aos insectos máis primitivos, como o labio dormado poa fusión do segun dos par de maxilas, un número idéntico de segmentos na cabeza e certas características das patas.[3]
Bioloxía e ecoloxía
editarOs sínfilos son dioicos (é dicir, teñen os sexos separados). A fecundación é externa; as crías nacen con seis pares de patas e en sucesivas mudas van engadindo novos segmentos ao tronco.[4]
Habitan en lugares húmidos, como o interior do solo, a follaxe caída, o humus, nos musgos, baixo pedras, en troncos podres, covas, etc. Son saprófagos ou herbívoros; estes útimos poden seren daniños para a agricultura.[5]
Taxonomía
editarDescrición
editarA clase foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo e embriólogo estadounidense John A. Ryder.
Etimoloxía
editarO nome científico Symphyla (substantivo neutro plural) está formado polos elementos do latín científico sym- e -phyla, tirados do elemento do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, 'xuntos', e da voz grega φυλή phylḗ, 'tribo', 'grupo', respectivamente, facendo alusión ás caracerísticas compartidas por estes miriápodos cos insectos.[6]
Clasificación
editarSegundo o NCBI e outras bases de datos zoolóxicas, a clase divídese en dúas familias que comprenden os tres xéneros que se indican.[7]
Clase Symphyla
- Familia Scolopendrellidae
- Xénero Symphylella
- Familia Scutigerellidae
- Xénero Hanseniella
- Xénero Scutigerella
Notas
editar- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861-8.
- ↑ C. Gillott (2005). Entomology, 3rd Edition. Springer Verlag. ISBN 1-4020-3182-3.
- ↑ "Garden Symphylans". Integrated Pest Management on Peppermint-IPMP3.0. Oregon State University. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2007. Consultado o 23-03-2017.
- ↑ Barrientos, J. A. (ed.) (2004): Curso práctico de entomología. Alicante: Asociación Española de Entomología. ISBN 84-490-2383-1.
- ↑ Symphyla no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Symphyla no NCBI.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Sínfilos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sínfilos |
Bibliografía
editar- Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760.
- Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
- Edwards, C. A. (1990): "Symphyla" en: Daniel L. Dindal, ed. Biology Guide. Nova York: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-4710-4551-9, pp. 891–910.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
- Scheller, U. (1982): "Symphyla" en: Sybil P. Parker, ed. Synopsis and Classification of Living Organisms. Nova York: McGraw-Hill ISBN 978-0-0707-9031-5, pp. 688–689.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Symphyla na ADW.
- Symphyla na EOL.
- Symphyla Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Symphyla no NCBI.