Órgano de Tömösvary

Os órganos de Tömösvary son órganos sensoriais pares exclusivos dos miriápodos e os colémbolos.

Órgano de Tömösvary de Necator americanus, un diplópodo.
Órgano de Tömösváry, sinalado coa frecha, na cabeze dun sínfilo, xusto na base dunha antena.

Situados na base das antenas, a súa función exacta non foi aínda dilucidada de maneira adecuada. Sinaláronse diversas funcións para ditos órganos: detectores de substancias químicas (olfacto), presión, humidade, ou vibracións (audición).[1][2][3]

Cada órgano está formado por un disco provisto dun poro central onde van parar os extremos distais das neuronas sensitivas.

Este órgano foi descrito por primeira vez en 1883 polo miriapodólogo húngaro Ödön Tömösváry (1852-1884).[4]

Notas editar

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.
  2. Lewis, J. G. E. (2008). The Biology of Centipedes. Cambridge (UK): Cambridge University Press. pp. 110–111. ISBN 978-0-5210-3411-1. 
  3. Sierwald, Petra; Bond, Jason E. (2007). "Current Status of the Myriapod Class Diplopoda (Millipedes): Taxonomic Diversity and Phylogeny". Annual Review of Entomology 52 (1): 401–420. PMID 17163800. doi:10.1146/annurev.ento.52.111805.090210. 
  4. Zoltán Korsós (2003): "Ödön Tömösváry (1852-1884), Pioneer of hungarian myriapodology". Bulletin of the British myriapod and isopod group, 19