Rugby Club Cornellà

O Rugby Club Cornellà é unha entidade deportiva da cidade catalá de Cornellà de Llobregat, fundada no ano 1931, e tradicionalmente adicada ó rugby. No seu palmarés ten un título de liga (no ano 1979), e 7 copas catalás (nos anos 1975, 1979, 1980, 1981, 1989, 1993 e 2001).

Rugby Club Cornellà
Na rede
http://www.rugbyclubcornella.com/
Facebook: RugbyClubCornella Twitter: rccornella Instagram: rccornella Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O RC Cornellà foi fundado no ano 1931 por veciños de Sant Boi de Llobregat, cidade na que se fundou o primeiro club de rugby en España, a UE Santboiana, coa intención de que houbese outro equipo de rugby na outra beira do río Llobregat que separa ámbolos dous concellos.

Dende a creación da Liga Española de rugby en 1970, o RC Cornellà foi un dos equipos máis habituais na División de Honra ata mediados dos anos 80. Mesmo acadou o título de campión na tempada 1978/79, ano no cal houbo 4 campións ao non xogarse os play offs polo título entre os 4 mellores equipos. Dende a tempada 1985/86 competiu na Primeira División Nacional, acadando 2 ascensos ao primeiro nivel que duraron 1 e 2 anos. En 1996 o equipo ascendeu á División de Honra B, na que competiu 2 anos. Na tempada 1997/98 rematou 8º no seu grupo, co cal tiña que descender de novo á Primeira División Nacional, pero a directiva tomou a decisión de retirarse das competicións nacionais e adicarse tan só ás categorías rexionais catalás cunha estrutura cento por cento afeccionada.

Actualmente a sección de rugby do RC Cornellà milita na 2ª División Catalá, categoría na cal o equipo rematou en 3ª posición na tempada 2010/11.

Nos últimos anos o club tamén está a promover a práctica doutros deportes relacionados co "balón oval", creando seccións deportivas de Fútbol australiano e Rugby a 13.

Palmarés editar

Posicións do Rugby Club Cornellà nas competicións nacionais
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70
Div.Honra 10 12 8 9 8 7 x x x 1 4 5 6 10 9
Div.HonraB 8 3
1ªNacional 1 2 3 2 3 2 7 6 7 7 3 1 8 10 3 1 4 4 1
Copa

A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar