Rudkøbing

cidade de Dinamarca

Coordenadas: 54°56′17″N 10°42′58″L / 54.93806, -10.71611

Rudkøbing é unha pequena cidade danesa que é a capital da illa e do municipio de Langeland. En 2018 tiña 4 671 habitantes,[1] cunha densidade de poboación nese ano de 16 hab./km2.

Rudkøbing
Rudkøbing
Coat of arms of Rudkøbing.svg
Rudkøbing - Gåsetorvet ved Brogade.JPG
Monumento ao físico Hans Christian Ørsted,
nacido na cidade
Localización
PaísFlag of Denmark.svg Dinamarca
MunicipioRudkøbing
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie291,21 km²
Demografía
Poboación4 671 habitantes (2018)
Densidade16 hab./km2
Outros datos
Código postal5900
www.langelandkommune.dk

XeografíaEditar

Situada a unha altitude de 10 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 291,21 km². É unha cidade cun porto pesqueiro, comercial e deportivo.

DemografíaEditar

Gráfica de evolución demográfica de Rudkøbing entre 1976 e

HistoriaEditar

 
Localización da illa de Langeland en Dinamarca

Rudkøbing se nomea por primeira vez nun documento do ano 1287 como Rudkiøbing. Crese que o nome orixinal do lugar era Rutha, co significado de "lugar aberto" ou "lugar despexado", mentres que a terminación -købing indica unha localidade con privilexios comerciais. A súa fundación é seguramente máis antiga.

Pol súa situación no centro e na costa oeste de Langeland, Rudkøbing pronto destacou como o principal sitio comercial da illa e como porto de saída das mercadorías. A cidade nunca foi moi grande, debido ao limitado tamaño da illa e ao comercio ilegal que imperou até o século XVII.

Rudkøbing naceu como unha cidade mercado medieval na que non houbo un gran desenvolvemento industrial posterior. Por iso que aínda poden encontrarse rúas empedradas e estreitas canellas das antigas granxas e mercados.

Durante as guerras entre Dinamarca e Suecia no século XVII, Rudkøbing foi fortificada pero, a pesar diso, padeceu severos danos. Pouco despois de finalizada a guerra de 1658-1660 a súa poboación non chegaba aos 500 habitantes. A finais dese século Rudkøbing recuperou certa actividade comercial grazas á mellora do seu porto.

A mediados do século XIX construíuse un novo porto e melloraron os camiños entre a cidade e as zonas rurais da illa. O comercio tamén se beneficiou coa chegada dos barcos de vapor. A industrialización chegou a Rudkøbing en 1845 e tivo certo crecemento até o século XX, pero nunca tivo demasiada forza.

O ferrocarril de Langeland inaugurouse en 1911. A poboación medrou de maneira constante e, a finais do século XIX, alcanzou os 3 500 habitantes, pero a partir da década de 1920 o crecemento foi bastante máis modesto e con altibaixos. Este crecemento limitado fixo que o centro da cidade conserve as súas características antigas. O turismo ten unha importancia crecente na economía, ao que contribuíu a inauguración en 1960 da ponte de Langeland, principal vía de acceso a illa desde o resto do país, que conecta con Tåsinge e coa illa de Fionia. Hai así mesmo conexións por ferri con Lolandia, Ærø e Strynø.

En 1970 creouse o municipio de Rudkøbing e, en 2007, este fusionouse cos outros dous municipios da illa para integrar o municipio de Langeland, do que Rudkøbing é a súa capital desde entón.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "Instituto de Estatística de Dinamarca". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar