Roque Cameselle
A. Roque Cameselle Capón, nado en Vigo en 1981, é un escritor e director de cinema galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, director de cinema, realizador |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | roquecameselle.com |
Traxectoria
editarVive en Tui desde neno. Licenciado en Comunicación Audiovisual, foi profesor durante cinco anos de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de Galicia, e Crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldado sen fortuna (2001) e Amor a Mantis (2003).
No 2011 estreou no Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana unha película de animación titulada The little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. A obra está baseada nos primeiros capítulos da súa novela Bieito Dubidoso.
Na actualidade, traballa como director e xefe de guionistas no desenvolvemento dunha serie de televisión de debuxos animados que se chama O diario de Berto.
Como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.
Como narrador publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001), e a novela Bieito Dubidoso (2003). Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos. Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.
Obras
editarNarrativa
editar- O Pausiñas, 2001, Galaxia.
Literatura infanto-xuvenil
editarObras colectivas
editar- Ata que malle en min o mencer, 1998.
- IIº Certame de relatos curtos Os Viaductos, 2001.
- A memoria de Tui, 2002, Xerais. Con Carlos Díaz Martínez.
- Nun edificio e catro contos máis, 2002.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Filmografía como director e guionista
editar- Memoria Indesexable, Curtametraxe - 1998.
- A moza do último, Curtametraxe - 1999.
- Soldado sen fortuna, Curtametraxe - 2001.
- Amor a Mantis, Curtametraxe - 2003.
- O diario de Berto, Capítulo Piloto - 2008.
- O pequeno mago, Longametraxe - 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Autor/a: Roque Cameselle". Edicións Xerais de Galicia.