Soldado sen fortuna

Soldado sen fortuna é unha curtametraxe de Roque Cameselle, estreada en 2001 e gravada en Betacam.

Soldado sen fortuna
Ficha técnica
DirectorRoque Cameselle
ProdutorSuso López
GuiónRoque Cameselle
IntérpretesGael Camacho (Enrique Fouce), Rafael Costas (Amancio Landín), Fani Fernández, Francisco Gómez, Suso Cobián, Ignacio Ferreirós, Alberto Gómez, Marisela González, M. Carmen Capón, Luis Zahera (taxista)
MúsicaTomas Camacho
FotografíaRicky R. Morgade
Estrea2001
Duración25'36"
OrixeGalicia Galicia

Enrique Fouce é un soldado que loitou co exército nacional na guerra civil española. En abril de 1939 regresa á súa vila natal na procura da súa muller, detida a carón do seu pai, e do seu fillo, acabado de nacer.

Logo de preguntar a Amancio Landín, xefe local da Falange, é informado de que a súa muller morreu tirada no mar, en Oia, logo de ser vexada e violada. Enrique é enviado ó cárcere.

En setembro de 1950 sae de prisión, e vai ó domicilio de don Amancio, que ocupa o posto de xuíz. Coñece ao seu fillo, da mesma idade que debería ter o seu, e descobre que é o seu propio fillo, secuestrado.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar