Romaría de Neixón

A romaría de Neixón é unha festa celebrada o segundo domingo de agosto no enclave de Neixón, na parroquia de Cespón (concello de Boiro).

Historia editar

A festa xurdiu no ano 1978 cando, trala construción dun campo de fútbol na zona os parroquiáns de Cespón e sobre todo de Nine tomaron a iniciativa de celebrar a romaría.

Actualmente nesta festa os mozos acampan nos arredores do campo da festa. O evento comeza coa procesión de dous santos dende a igrexa de San Vicente de Cespón cara a Neixón, pasando polos lugares de Quinteiro e Nine. Despois desta procesión celébrase unha misa na honra destes dous santos.

A festa continúa despois cunha mexilloada e unha sardiñada feita polo bar de comisión de festas, nunha sesión vermú acompañada polos bailes tradicionais e pola actuación da orquestra.

A tarde anímase coa actuación de gaiteiros recorrendo todo o campo da festa e pola noite celébrase unha festa que é animada pola actuación dunha orquestra.