Rogelio Alonso Carral
Rogelio Alonso Carral, Canín, nado en Ferrol e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Rogelio Alonso Carral | |
---|---|
Ferrol | |
Falecemento | 31 de outubro de 1949 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou na guerrilla en 1947, da man de José Antonio Castro López, con quen contactou no castelo da Palma. Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda civil en Pazos o 31 de outubro de 1949,[1] suicidándose xunto cos compañeiros José Temblás Paz e Juan Freire Barcia, pois outros catro membros do destacamento xa foran abatidos pola Garda civil.
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. p. 33. ISBN 84-8485-231-8.