Abrir o menú principal

Juan Freire Barcia

guerrilleiro antifranquista galego

Juan Freire Barcia, nado en Vilar de Mouros (A Capela) o 21 de marzo de 1926 e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Juan Freire Barcia
Nacemento21 de marzo de 1926
 Vilar de Mouros, Cabalar, A Capela
Falecemento31 de outubro de 1949
 Monfero
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmán de José Freire Barcia. Incorporouse co seu irmán á guerrilla en maio de 1949, da man de Francisco Rey Balbís. Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda civil en Pazos o 31 de outubro de 1949,[1] suicidándose xunto cos compañeiros José Temblás Paz e Rogelio Alonso Carral, pois outros catro membros do destacamento xa foran abatidos pola Garda civil.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. p. 68. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externasEditar