Rodrigo Díaz de los Cameros

Rodrigo Díaz de los Cameros foi un nobre castelán de finais do século XII e o primeiro terzo do século XIII.[1] Tamén destacou como trobador e mecenas nos inicios de lírica galego-portuguesa.[2]

Infotaula de personaRodrigo Díaz de los Cameros
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FillosSimón Ruiz de los Cameros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É fillo de Diego Jiménez dos Cameros (de orixe navarra) e de Guiomar de Traba, nobre galega pertencente á casa da Traba.[2] Rodrigo faise cargo do señorío do seu pai a partir do ano 1201, até ese momento a súa nai xestionara as posesións familiares trala morte do seu pai.[1] O seu señorío localizábase ao sur de Navarra e na fronteira entre os reinos de León e de Castela, así mesmo fíxose coa tenencia dos castelos de Calahorra, de Xubera e o goberno Nájera, onde chegou a un acordo con Diego López II de Haro para casar coa súa filla Aldonza.[2] Rodrigo participou na batalla de Navas de Tolosa dentro das tropas do seu sogro, trala morte de Diego López II de Haro asumiu as tenencias de Soria e Logroño.[1]

Falecido Afonso VIII, mantívose entre a elite nobiliaria leal a Berenguela na súa rexencia sobre Henrique I, enfrontouse á casa de Lara, xunto co seu cuñado Lope Díaz II de Haro, tomando parte no bando de Berenguela, que defendía os dereitos reais do seu fillo Fernando III, unha vez falecido Henrique I. Anos máis tarde tamén rebelouse contra Fernando III, con todo, non tivo éxito e tivo que someterse ao monarca, aínda que conservou o seu señorío, o cal herdou o seu fillo Simón Ruiz dos Cameros, ao falecemento do mesmo contra o ano 1230.[1]

Relación coa lírica trovadoresca editar

O seu nome aparece no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa como autor de 3 cantigas de amor, con todo, esas obras estarían nas follas perdidas do mesmo.[2] Non só foi trobador, tamén un impulsor do movemento, tal e como afirman os trobadores provenzales Elias Cairel e Aimar lo Negre. Neste sentido, o estudoso Xosé Carlos Miranda sostén que exerceu un papel fundamental co mecenado de trobadores e xograres na súa corte. O profesor e investigador Xosé Antonio Souto Cabo destaca os seus vínculos maternos con Galicia (compre destacar que tivo posesións e cargos tamén en Galicia) como motivo da súa actividade literaria en galego-portugués e o seu mecenado, sen esquecerse dos seus vínculos con Gonzalo Ruiz de Azagra autor de composicións en occitano, así como a influencia do seu sogro Diego López II de Haro, tamén mecenas e con grande interese pola lírica.[2]  

Notas editar