Rodolfo Ares
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Rodolfo Ares Taboada, nado o 25 de xuño de 1954 en Pena do Souto, O Navallo, Riós, é un político vasco de orixe galega.
Rodolfo Ares | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xuño de 1954 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Vive en Bilbao desde novo, cidade na que entrou na UXT e o PSOE en 1977 e na que foi concelleiro entre 1983 e 1990. Dende 1994 é deputado no Parlamento Vasco, foi tamén voceiro do grupo dos socialistas vascos (2000-2005).
Foi un dos participantes na delegación do PSE nas conversas, no Mosteiro de Loiola, entre EAJ-PNV, PSE-EE e Batasuna), durante o cesamento do fogo de ETA de 2006, facendo equipo de negociación co presidente da sección de éuscaro do PSOE, Jesús Eguiguren.[Cómpre referencia] Máis tarde, durante o período inmediatamente anterior ás eleccións municipais e provinciais, formaba parte da delegación que se reuniu en Xenebra, in extremis, coas delegacións de ETA e Batasuna, coa axuda de observadores internacionais (o goberno suízo, Fundación Henry Dunant, os gobernos británicos e noruegués, e o Sinn Féin, entre outros). Ambos procesos resultaron infrutuosos, resumidos na creba formal da tregua de ETA o 14 de xuño de 2007, co atentado na terminal 4 no Aeroporto de Madrid-Barajas, que ocasionou dúas vítimas mortais.[Cómpre referencia]
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodolfo Ares |
Ligazóns externasEditar
- José Luis Barbería. "El arte de ser imprescindible", El País, 31/5/2009 (en castelán).