Rocco Siffredi

Rocco Tano, coñecido artisticamente como Rocco Siffredi ou simplemente Rocco, nado en Ortona o 4 de maio de 1964, é un actor, director e produtor italiano de películas pornográficas. Na industria do porno coñécese ás veces como «O Semental Italiano».

Rocco Siffredi
Rocco Siffredi 2010.jpg
Rocco, en 2010
Nome completoRocco Tano
Nacemento4 de maio de 1964
LugarOrtona, Italia Italia
NacionalidadeItalia
Cónxuxe(s)Rózsa Tassi
Profesiónactor pornográfico, produtor de cinema, modelo, actor e director de cinema
Na rede
http://www.roccosiffredi.com e http://www.roccosiffredi.fr
IMDB: nm0797382 Allocine: 19700 Rottentomatoes: celebrity/rocco_siffredi Allmovie: p65596 Metacritic: person/rocco-siffredi
Twitter: RoccoSiffredi24 Instagram: roccosiffredi_official Youtube: UCiufG8YXGbv34K5dFxkjE1A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os filmes de Siffredi varían amplamente en canto ao contido e ton. Apareceu en aventuras románticas e comedias do estilo da produtora Vivide, pero o seu traballo posterior coa compañía de John Stagliano, Evil Angel Vídeo, involucran escenas de BDSM nas cales Siffredi cospe a mulleres na cara e dentro da boca, dálles losqueadas, practica irrumatio e urolagnia, fai que afoguen durante o sexo oral, e ocasionalmente agárralles do cabelo até o punto de as facer chorar.

Tras iniciar a súa carreira en Francia, traballou en Budapest (que é a sede de Rocco Siffredi Produzioni) e tamén en Montreal, Rusia, Perú, Brasil e varios países de Europa do Leste. Está considerado un actor de culto polas medidas do seu pene e pola súa gran resistencia no acto sexual. Participou en 1300 filmes.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar